Skip to Content
Iniciar sesión: Acceso

6º Curso

Visita ao IES

O alumnado de sexto estase a preparar para dar o salto á Educación Secundaria Obrigatoria. E o martes estarán alí no IES " Ramón Cabanillas" para coñecer as instalacións, reencontrarse cos seus compañeiros do curso pasado e escoitar, da man da orientadora, o que vai supoñer esta nova etapa: as materias, horarios, normas e requisitos que implica. Voa viaxe!

Charlas sobre Publicidade e Presión de grupo para alumnado de 6º

19/02/2013 10:00
19/02/2013 14:00

O alumnado de 6º terá dúas sesión de traballo e reflexión guiadas pola responsable do SPAD de Vilagarcía, que lle ensinará a entender que hai detrás das mensaxes publicitarias, cáles son as técnicas coas que xogan os publicistas para vendernos productos de consumo, en ocasións verdadeiramente perigosos para a nosa saúde física e mental. Tamén nos dará claves para sobrelevar a presión do grupo de iguais, que nestas idades empeza a ser moi importante.

Charla sobre Enerxía para o alumnado de 6º

13/12/2011 12:20
13/12/2011 13:10

O alumnado de 6º puido coñecer moitas cousas interesantes sobre a enerxía e sobre como sermos máis eficientes e responsables no seu consumo, grazas á colaboración de Gas Natural.

Obradoiro "E ti que opinas?"

15/02/2011 09:00
15/02/2011 11:00

Hoxe pola mañá estivo no centro Carme, unha das expertas do SPAD (Servizo de prevención de drogodependencias) de Vilagarcía, para facernos entender o mundo da publicidade e as súas técnicas de persuasión e tamén para falarnos de como funcionan e como funcionamos nós en grupo, que é iso da "presión de grupo" e como facerlle fronte, nas ocasións en que,  o que o grupo nos propón non é correcto, pode ser perigoso ou non nos agrada.

Visita ao IES "Ramón Cabanillas"

31/05/2010 19:30
31/05/2010 20:30

O vindeiro luns, 30 de maio, o alumnado de 6º de Primaria e as súas nais e pais están invitados a aistir a unha charla informativa sobre a ESO coa posterior visita ás instalacións do IES "Ramón Cabanillas".

Obradoiro: "E ti que opinas?"

12/04/2010 10:00
12/04/2010 11:45

As monitoras do SPAD de Vilagarcía estarán de novo no centro, desta volta para realizar diversas actividades co alumnado de sexto para reflexionar sobre a presión de grupo e a publicidade.

Distribuir contido


by Dr. Radut