Skip to Content
Iniciar sesión: Acceso

Documentación

SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR. CURSO 23/24

Do 15 de maio ao 21 de xuño de 2023 (incluidos) estará aberto o prazo para solicitar praza no comedor escolar no curso 2023/2024, para todo o alumnado do centro (xa matriculado e de nova incorporación).

Os impresos da solicitude de comedor tamén estarán dispoñibles na conserxería do colexio.

As solicitudes, xunto coa documentación que se describe máis abaixo, será entregada na secretaría do CEP Antonio Magariños Pastoriza.

 

DOCUMENTACIÓN QUE ACOMPAÑARÁ A SOLICITUDE:

-Modelo solicitude admisión (adxunto).

-Modelo de autodeclaración(adxunto)

-Certificado de empresa, indicando que non poden vir recoller ao alumnado en horario de saída do centro.

-Certificado de familia numerosa, de ser o caso.

-Certificado de asistencia, por parte dos Servizos Sociais do Concello de Cambados, de ser o caso.

-Modelo de inclusión no grupo de Whatsapp (adxunto) .

-Modelo de asistencia ao comedor (adxunto).

-Modelo de persoas autorizadas para recoller ao alumnadoao remate de cada servizo (adxunto).

- Modelo de información sobre alerxias alimentarias, de ser o caso (adxunto).

- Modelo dos días da semana que farán uso do servizo de comedor (adxunto).

- Modelo de orden de domiciliación de adeudo, de ser o caso (adxunto II).

Ábrese o prazo para a presentación da documentación para o comedor escolar 2020-2021

Bos días.
Dende mañá e ata o día 1 de xullo, está aberto o prazo de presentación da documentación para o comedor escolar do vindeiro curso, 2020/21. Todas as persoas solicitantes deberán entregar a seguinte documentación, dependendo da situación na que se atopen.
  • Modelo de autodeclaración.
  • Certificado de empresa, como que non pode recoller ao alumnado no horario que coincide coa saída do comedor, de ser o caso. 
  • Certificado de familia numerosa, de ser o caso.
  • Certificado de asistencia por parte dos servizos sociais do Concello de Cambados, de ser o caso.
  • Modelo de inclusión no grupo de Whatsapp.
  • Modelo de asistencia ao comedor.
  • Modelo de persoas autorizadas a recoller ao alumnado.

Ábrese o prazo para adxuntar a documentación relativa ao servizo de Comedor para o curso 2020-2021

Estimadas familias:

 

Agardando ás instrucións da Secretaría Xeral Técnica sobre o funcionamento dos comedores escolares no curso 2021-2022. As familias do alumnado usuario deste servizo, deberán cubrir o anexo II (Modelo de Autodeclaración) descargándoo dende este enlace  ou recolléndoo no centro. Nel figurarán os datos relativos á súa renda (2020), especificando no apartado A) do modelo a cifra do importe que corresponda, no apartado B) os membros da unidade familiar, no apartado C) a renda neta per cápita, e no apartado D) deberán marcar a casilla que corresponda.

 

Para facilitar o cálculo en función da renda neta per cápita da unidade familiar e do número de menores en idade escolar, a propia Consellería incorporou na súa web unha calculadora á que se pode acceder neste enlacehttps://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp

 

Lembren que o servizo será gratuíto para os usuarios lexítimos nos seguintes casos:

1).-Alumnado pertencentes a unidades familiares en situación socioeconómica de exclusión social certificada polos servizos sociais autonómicos ou municipais.

2).-Alumnado en situación de acollemento residencial ou familiar.

3).-Alumnado cun grao de discapacidade declarado igual ou superior ó 33%.

4).-Alumnado pertencentes a unidades familiares vítimas de terrorismo ou violencia de xénero acreditada documentalmente.

5).-Alumnos pertencentes a unidades familiares cunha renda familiar anual neta per cápita igual ou inferior a 7.000,00€.

 

O anexo II e a documentación aportada (de ser o caso), serán entregados na Secretaría do centro antes do día 31 de xuño de 2020.

 

Para recoller o impreso non se necesita cita previa, bastará con retiralo dunha mesa que estará habilitada na entrada do centro por secretaría, en horario de 10.00 a 13.00 h.

En todo momento deberán cumprirse as normas de seguridade, autoprotección e distanciamento social. Preferentemente asistirá unha soa persoa (sen acompañantes).

Solicitud do comedor para o vindeiro curso 2021/2022

Bos días.

 A partir do día 15, e ata o próximo 15 de xuño, ábrese o prazo para solicitar prazas de comedor escolar para o próximo curso 2021/2022.

 Este ano dada a problemática coa pandemia do COVID 19, o formulario será a través de Internet na seguinte ligazón

 https://forms.gle/qSiW3QaYkYFuyQBr8

O formulario é moi sinxelo de cubrir. O único que se necesita e o seu ordenador,e teléfono móvil, a tablet,  ou calquera dispositivo  electrónico no que poida escribirse.Unha vez cubertos os datos unicamente hai que darlle a enviar e ata o 15 de xuño non será necesario engadir ningún outro documento, ou ata que o servizo de comedores escolares o autorice.

 Un saúdo e grazas

 

Distribuir contido


by Dr. Radut