Skip to Content
Iniciar sesión: Acceso

3º Curso

Pola vila de Cambados: coñecemos as árbores do bosque de Fefiñáns

20/05/2011 12:00
20/05/2011 13:45

O alumnado de 3º, acompañado dos seus titores e baixo a inestimable guía de Manuel Núñez poderán coñecer de preto a gran variedade de árbores cos que contamos na vila de Cambados, en concreto no bosque do pazo de Fefiñáns.

Pola vila de Cambados: Saída á ribeira coas redeiras e mariscadoras

04/05/2011 10:30
04/05/2011 13:50

O alumnado de 3º sairá da man das redeiras e mariscadoras, acompañados dos seus titores, para ver de perto o traballo destas traballadoras da nosa vila, dentro do programa ofertado por Educamar, que lle permite ao alumnado coñecer e valorar a riqueza do noso contorno e a necesidade do seu coidado. 

Educamar: coñecemos ás redeiras e ás mariscadoras

29/04/2011 10:00
29/04/2011 12:00

O día 29 o alumnado de 3º acodirá a unha charla e  unha exposición sobre o traballo das redeiras e as mariscadoras, preparándose para a saída que celebrarán para coñecer o traballo na praia, a primeiros de maio.

Visita ao Pazo de Bazán (Parador de Turismo de Cambados)

13/04/2010 12:15
13/04/2010 13:30

O alumnado de 3º acompañado das súas titoras vai visitar o Pazo de Bazán (actual Parador de Turismo de Cambados) como parte dos contidos relacionados cos"Diferentes tipos de vivenda: Os pazos".

Distribuir contido


by Dr. Radut