Skip to Content
Iniciar sesión: Acceso

Medramos na Biblioteca

Emilio Ínsua falanos da artista Maruja Mallo

08/11/2012 10:00
08/11/2012 10:30

Despois de escoitar estes días a Domingo Tabuyo que nos amosou as maravillas que sairon das mans traballadoras e da mente creativa e universal do artista cambadés Francisco Leiro, hoxe poderemos disfrutar, da man de Emilio Ínsua, da artista Maruja Mallo, a quen tanto coñece. Mil grazas de novo.

Inauguración da Biblioteca escolar

15/03/2012 09:00
15/03/2012 14:00

Chegou por fin o momento tan desexado por todos os nenos/as e polo profesorado do Centro: A apertura da nova Biblioteca do colexio. Vinde coñecela e deixádevos sorprender!!!!

Inauguración da nova Biblioteca escolar

Hoxe foi un dos días máis felices para o noso colexio. Hoxe abrimos a nova biblioteca escolar. Nela poderedes atopar os vosos libros favoritos. Agora será máis doado atopar as diferentes seccións, podedes facer as consultas que precisedes na rede, utilizando calquera dos cinco ordenadores que van estar á vosa disposición. Animámosvos a todos a visitala e a ler. Recordade que está aberta á comunidade educativa tamén polas tardes os luns, mércores e xoves de catro a seis da tarde.

Inicio do préstamo de libros na Biblioteca

13/02/2012 12:21
13/02/2012 14:00

Hoxe comprácenos comunicarvos que empezamos por fin co préstamo de libros tan desexado. Parabéns para todos.

Empeza o préstamo de libros na nosa Biblioteca provisional.

 

Hoxe, 13 de febreiro empezamos o prestamo de libros na Biblioteca provisional.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares. Resolución Definitiva

Publicouse onte día 14 de setembro de 2010,  a resolución definitivada convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares, segundo orde de 3 d setembro de 2010 (DOG 14/09/10), coa relación de centros que se incorporan a este programa para o curso 2010/2011.

Proxecto: Medramos na Biblioteca

 

Concebimos a Biblioteca do noso Centro coma un centro de recursos organizado que poderemos empregar para os seguintes fins:

A nosa Biblioteca

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut