Skip to Content
Iniciar sesión: Acceso

O colexio

Tríptico de setembro 2011-12

Podedes descargar o tríptico de setembro na seguinte ligazón: Tríptico

Plan Madruga 2011-12

O  luns día 3 de outubro iniciouse un ano máis o Plan Madruga, organizado polo Concello, que acolle ao alumnado de 7:45h ata as 9:00 h.

Para inscribirse no Plan Madruga han de solicitar e entregar os impresos correspondentes nas dependencias do Concello de Cambados.

Eleccións dos representantes do profesorado e dos representantes das nais e pais

23/11/2010 16:30
23/11/2010 20:00

O vindeiro martes, día 23 serán as eleccións dos representantes do profesorado e das nais e pais para o Consello Escolar do Centro.

Visita do inspector

26/10/2010 10:00
26/10/2010 11:30

Hoxe tivemos a visita do señor inspector de zona, Xurxo Novales, que visitou as instalacións do centro e tomou nota das necesidades do mesmo.

Recollida de libros de texto de 3º e 4º

As nais e pais de alumnado matriculado en3º ou 4º de Primaria deberán vir ao centro o vindeiro luns, día 13, de 9:00 a 11:00 para recoller os libros de texto dos seus fillos.

Tamén poderán recoller o impreso para solicitar a axuda para a adquisición do libro de matemáticas (no caso de que os seus ingresos per cápita sexan inferiores a 9.000 €).

Axudas para a adquisición do libro de matemáticas de 3º e 4º

Podén recoller os impresos na Secretaría do centro de 9:00 a 11:00 h do 1 ao 30 de setembro ou poden descargalo do DOG 

INICIO DAS CLASES

O inicio das clases será o vindeiro venres, día 10 de setembro de 10 a 12h.

A partir do luns o horario de clases será de 9:00h a 14: 00 h

Reforma do centro. Reunión do Consello Escolar co Xefe Territorial e o Alcalde de Cambados

No día de hoxe varios membros do Consello Escolar reuníronse co Xefe Territorial de Educación, o Xefe Técnico, o alcalde de Cambados e o arquitecto que realizou o anteproxecto da Reforma do centro no salón de Plenos do Concello de Cambados.

Axudas para a adquisición de libros de texto

As nais e pais do alumnado que se vai matricular nos cursos de 1º, 2º, 5º e 6º de Educación Primaria poden solicitar axudas para a adquisición dos libros de texto.

As instancias, que poden recollerse na secretaría do centro ou na páxina web http://www.edu.xunta.es/web/node/979 deben entregarse no centro educativo antes do 1 de xullo.

Visita do Xefe Territorial de Educación

Este martes, día 11 de maio, estivo no centro o Xefe Territorial de Educación acompañado do Alcalde de Cambados, o Arquitecto do Concello e a directiva da ANPA. Logo de percorrer as instalacións do centro acordaron que se iniciase a realización dos planos para a primeira etapa da reforma do centro, que incluirá o acondicionamento e cubrición do patio no que se imparte Educación Física e a ampliación da Biblioteca ata a Rúa Pardo Bazán, espazo no que se acollerá tamén o comedor escolar. A realización dos planos correrá a cargo do Concello.

Distribuir contido


by Dr. Radut