Skip to Content
Iniciar sesión: Acceso

O colexio

Concreción Curricular de Centro

A Concreción Curricular de Centro, aprobada no Consello Escolar o 9 de abril de 2003 recolle o Curriculo que se imparte no CEP Antonio Magariños Pastoriza. É o documento educativo de referencia para a nosa comunidade educativa e nela explicítanse os criterios de promoción de cada área en cada un dos ciclos.

Sinatura dos Contratos Programa PROA

21/01/2013 12:00
21/01/2013 12:14

No día de hoxe asinamos o Contrato Programa, PROA, polo que contamos cun profesor para acompañar ao alumnado de 2º e 3º Ciclo que o necesite, nas tarefas de aprender a facer os deberes e a estudiar de forma sistemática e organizada polas tardes. Máis información http://www.edu.xunta.es/web/node/8451

Seccións Bilingües

O alumnado de 1º Ciclo ten este ano unha Sección Bilingüe, polo que a área de Plástica se imparte en lingua inglesa. Xa se nota!!!

Abalar. En marcha!

17/01/2013 12:00
17/01/2013 14:00

Xa está en marcha o programa Abalar. Por fin está todo a punto: ordenadores, miniportátiles, proxector e pantalla dixital. Hoxe os nenos e nenas de 5º iniciaron unha nova etapa. Parabéns para todos.

PROA, na mellora do estudio

14/01/2013 16:00
14/01/2013 18:00

Empezamos unha nova andaina co programa PROA, que lle axudará ao alumnado de 2º e 3º Ciclo a sacarlle un maior proveito ao tempo de estudo polas tardes. Os luns e mércores de 4 a 6 virán os nenos e nenas do 3º Ciclo; os martes e xoves, os de 2º Ciclo. Ánimo a todos.

Recollida de vales das axuda de libros de texto os días 3,4,5 e 6 de xullo, de 9:00 a 14:00h

Poderán pasar a recoller os vales para as axudas na adquisición dos libros de texto os días 3 ,4 ,5 e 6 de xullo, de 9:00 a 14:00h.

Solicitude de axudas para a adquisición de libros de texto

Poden recoller os impresos na Secretaría do centro de 9:00 a 11:00 h

Solicitude de apertura do Comedor escolar

Hoxe tivo lugar o Consello Escolar no que se solicitou,por unanimidade, a apertura do comedor escolar. Queda pendente completar o proceso administrativo e de inspección para que poida procederse ao inicio do seu funcionamento.

Remate das obras

No día de hoxe remataron as obras de ampliación da Biblioteca escolar e da construcción do espazo de Usos Múltiples que será empregado como Comedor. En breve realizarase a entrega da obra.

Distribuir contido


by Dr. Radut