Skip to Content
Iniciar sesión: Acceso

O colexio

Axudas para a adquisición de libros de texto e Fondo Solidario

Para acceder á información e lexislación correspondente a estas axudas clique na seguinte ligazón: Axudas Libros

Listaxe do alumnado admitido

Admitíuse todo o alumnado que solicitou praza no centro dentro do prazo establecido

 1º Nivel:

Solicitude de praza para o curso 2015/ 16

Pódese consultar a lexislación relativa ao proceso de admisión na seguinte ligazón: Lexislación e anexos  e completar a información consultando as instruccións da Dirección Xeral de Centros, así como a nota informativa remitida aos centros dende a Xefatura Territorial de Cultura Educación e O. U. nos anexos que se adxuntan.

Visítanos Antonio Magariños

Hoxe recibimos no centro a visita de Antonio Magariños, neto do mestre ao que lle da nome o centro. Estivo acompañado de Xoan Antonio Pillado, tamén mestre e compañeiro de promoción de Antonio. Quedamoslle moi agradecidos pola súa visita e invitámolo  a acompañarnos na celebración do 50º aniversario da creación do colexio, que será dentro de dous anos.

Visita do Conselleiro de Cultura, Educación e OU

Hoxe estivo no centro o Conselleiro de Cultura, Educación e O.U. acompañado do Delegado Territorial de Pontevedra, o Xefe Territorial, o presidente da Deputación, o alcalde de Cambados, o xefe da Unidade Técnica, o inspector da zona e outras autoridades. O Conselleiro explicoulle aos diferentes medios de comunicación presentes as obras realizadas e os proxectos previstos a curto plazo no Concello de Cambados. Procedeuse logo á visita das instalacións polideportivas.

Por fin no patio

Hoxe, despois dunha longa espera, puidemos volver utilizar o patio dos maiores e atopámonos co patio cuberto practicamente rematado. Quedou moi bonito e luminoso. Aínda ten moito po, pero van limpalo en breve. Quedan uns pequenos detalles a mellorar que se farán probablemente na Semana Santa, pero xa podemos utilizalo.

Axudas municipais para a adquisición de material escolar

Están covocadas axudas municipais para a adquisición de material escolar no BOP do 16 de xuño, páxina 51. Concedense axudas dun máximo de 120€ ás familias que reunan os requisitos que se sinalan na páxina 56. O prazo remata o 16 de xullo.

Alerta Metereolóxica

Situación de alerta laranxa. Véxase seguimento da mesma na ligazón: http://www.edu.xunta.es/web/node/10900 

Comedor, alegacións presentadas

Infórmase a todas as nais e pais que se presentou unha alegación en relación á admisión do alumnado para o comedor escolar e foi oportunamente comunicada á inspección e á Secretaría Xeral Técnica polo que, en tanto non se resolva a mesma non se publicará a listaxe definitiva de admitidos e non se incorporarán no comedo

Comedor escolar. Denegan a ampliación de prazas

No día de hoxe a Secretaría Xeral Técnica ven de denegar  o aumento das prazas de comedor solicitadas. No presente curso so terán cabida as 22 prazas concedidas inicialmente.

Distribuir contido


by Dr. Radut