Skip to Content
Iniciar sesión: Acceso

Normalización e Dinamización Lingüística

Papiroflexia con Juan Maceira

22/05/2013 10:30
22/05/2013 13:30
Europe/Madrid

Hoxe estivo no colexio Juan Maceira, un artista que nos ensinou, cunha paciencia incrible, a facer preciosas creacións con anacos de papel. Menudo privilexio. Grazas, Juan

Ofrenda Floral nas Letras Galegas

16/05/2013 12:45
16/05/2013 13:45
Etc/GMT+1

Con motivo do Día das Letras Galegas, o alumnado do centro poderá descubrir, no Paseo da Calzada, os carteis conmemorativos encol de Roberto Vidal Bolaño que elaboraron os distintos centros educativos do Concello. Logo terá lugar a Ofrenda Floral diante da estatua ao noso poeta Ramón Cabanillas, ante a  que se lerán diversos poemas e textos seleccionados dos mais grandes escritores da nosa lingua, Vémonos alí.

Espello- deporte

15/04/2013 10:40
15/04/2013 12:30
Europe/Madrid

Hoxe, o alumnado do 3º Ciclo estivo no Salón de Peña, con grandes deportistas da nosa terra. Aprenderon do esforzo, a motivación, a constancia como se superan as dificultades e se afrontan retos. Foi unha experiencia única.

VIII Concurso: "O latexo das verbas"

Xa empezou o concurso de"O latexo das Verbas" no que podes amosarnos as túas máis bonitas creacións narrativas ou poéticas. O concurso remata o 22 de marzo. Ánimo poetas!

Coñecemos aos artistas José Luis de Dios e Leopoldo Nóvoa

08/01/2013 10:30
08/01/2013 11:30
Etc/GMT+1

O alumnado do centro puido coñecer de primeira man aspectos únicos e singulares do artista ourensán José Luis de Dios, grazas ao relato do seu amigo Miguel Cuña. A continuación o mestre e artista Saúl Otero, presentounos a obra doutro galego importante Leopoldo Nóvoa. Grazas a todos

Magosto

09/11/2012 12:20
09/11/2012 14:00
Europe/Madrid

Magosto!!!, co cheiro a lume, a castañas asadas, a risas e encontros cos compañeiros, a xogos, a outono. Será despois do Plan Lector. Acordádevos de traer as castañas xa picadas e uns paus de leña.

Emilio Ínsua falanos da artista Maruja Mallo

08/11/2012 10:00
08/11/2012 10:30
Europe/Madrid

Despois de escoitar estes días a Domingo Tabuyo que nos amosou as maravillas que sairon das mans traballadoras e da mente creativa e universal do artista cambadés Francisco Leiro, hoxe poderemos disfrutar, da man de Emilio Ínsua, da artista Maruja Mallo, a quen tanto coñece. Mil grazas de novo.

Laxeiro e Castelao da man de Jacobo Domínguez e Paula Tilve

29/10/2012 11:00
29/10/2012 12:30
Etc/GMT+1

O alumnado do centro puido coñecer máis de perto a vida e a obra de dous artistas fundamentais na nosa cultura: Laxeiro e Castelao, dentro do proxecto "Cidarte: cidades e artistas", grazas á colaboración desinteresada de Jacobo Domínguez (historiador) e Paula Tilve (traballadora do Museo de Pontevedra e historiadora da arte). Moitas grazas.

Miguel Anxo Fernández e Saúl Otero presentan "Cidarte"

18/10/2012 10:00
18/10/2012 10:30
Etc/GMT+1

Miguel Anxo Fernández falounos de Isaac Díaz Pardo, con el os nenos do cole descubriron con ollos novos os ollos tan especiais dos cadros de Isaac e souberon algo máis da súa vida e da súa pintura. Logo Saúl Otero, que xa nos presentara o proxecto "Cidarte: cidades e artistas" ensinounos 12 láminas de Luis Seoane e soubemos algo máis das cores, das formas e da maneira de expresar a beleza que tiña este polifacético artista. Grazas por este percorrido Miguel Anxo. Grazas Saúl.

Miguel Anxo Fernández ensínanos a crear historias

26/04/2012 12:00
26/04/2012 14:00
Europe/Madrid

Miguel Anxo Fernández, autor de "O sabre do francés" e da saga da novela detectivesca do seu protagosnista Frank Soutelo volverá estar connosco o mércores 26 a partir das doce. Falaranos da claves que nos levan a sermos escritores e tamén nos lerá o conto que creou para o Manifesto do proxecto de fomento do galego neste curso.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut