Skip to Content
Iniciar sesión: Acceso

Complementarias

ESCOLA DE NAIS E PAIS

Parentalidade positiva.

Durante este mes de novembro, a Escola Galega de Saúde Pública organiza unha serie de Webinars enfocados no exercicio dunha parentalidade responsable e sa, que atenda ás necesidades psicolóxicas e emocionais de todos os membros da familia.

Conectaremos coas familias a través de tres sesións retransmitidas en directo onde se poderán compartir e resolver todas as dúbidas que xurdan, da man de psicólogas expertas en materia de parentalidade positiva.

XORNADAS PROA+

O xoves 17 e o venres 18, celabráronse en Cantabria as Xornadas PROA+, nas cales participou o noso centro representado pola Directora Mª Pilar Xiráldez Outeda e Bibiana Maquieira (representate da UACO Salnés).

 

No seguinte enlace podedes acceder ao programa das mesmas.

COLABORACIÓN CO BANCO DE ALIMENTOS

Estimadas familias:

durante a semana do 14 ao 18 de novembro o colexio colaborará co banco de alimentos. Nesta ocasión a colaboración será con botes de conserva enlatados ou con latas.

Na seguinte ligazón podedes acceder ao cartel informativo desta camapaña de recollida de alimentos.

https://drive.google.com/file/d/1ovOsCwBIteQiuEt4PVmguNvT7gzmnpHN/view?usp=share_link 

 

¡Moitisimas gracias pola vosa colaboración!

 

Videos do entroido 2020

No seguinte enlace poderán atopar os videos do noso festival de Entroido deste ano 2020. 
Agardamos que lles gusten. 

Videos do festival de Nadal 2019

Estimadas familias.
 
A continuación adxunto o enlace no que poderán ver os videos do Festival do Nadal do presente ano.
 
 
 Resultado de imagen de bo Nadal
 
 
Agardo que lles guste.
 
Bo Nadal e Próspero Ano 2020

Videos das actuacións do festival de final de curso 2018/19

Clicando no enlace terá posibilidade de acceder á carpeta onde atopará os videos do festival.

https://drive.google.com/drive/folders/1c8wvzNYlFZLaMqec-itEaqdxYCYjCuFo...

Un saúdo.

Flashmobe rompendo estereotipos

No seguinte link poderán ver o video que bailamos todo o centro coa finalidade de romper os estereotipos sociais e pasalo moi ben. 
 

Charla sobre perigos da TICs para as familias

 

 
 

CHARLA INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS

 

 

 

 

 

 

 

 Hoxe, ás 18:00 horas, a Garda Civil  realizará unha charla sobre os PERIGOS DAS TICspara as familias, para aprender a tratar a problemática do uso e mal uso das Novas Tecnoloxíaspor parte de toda a comunidade educativa.

Agardamos a vosa asistencia.

 

A dirección.

Celebramos os Maios!

 

Xa chegou o Maio!

Durante a segunda metade da xornada de hoxe, o alumnado participante na actividade, realizou o fermoso maio que encabeza esta nova, e no que grandes e pequenos desfrutaron facendo colares de pampullos, elaborando os ramos e sobre todo, cantándolle alegremente aos maios.

Desexamos agradecer a todas as familias, e ao alumnado en xeral, que trouxese tantos pampullos, xestas, ovos, e demais material, tal e como se lle solicitou.

Agora so agardamos que o vindeiro domingo, ademais de festexar o día da Nai e o día do traballador, pasen un día xenial coa celebración da festa dos maios.

 

Celebración do Día Mundial do Autismo

No Colexio Antonio Magariños Pastoriza celebramos, un ano mais, o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, tratando de ensinar e concienciar ao resto da Comunidade Educativa das necesidades e dereitos que as persoas que diariamente deben vivir con el e asegurando, na medida do posible, a plena participación e inclusión na sociedade, para que poidan contribuir a crear un futuro que garante a dignidade e as oportunidades para todos

Distribuir contido


by Dr. Radut