Skip to Content
Iniciar sesión: Acceso

Recomendámosche

Día das Bibliotecas escolares

Para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares o alumnado escribiu reseñas dos seus libros favoritos.

Xa podedes velas nos corredores do colexio. Estas son algunhas delas.

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O 24 de outubro é o Día das Bibliotecas Escolares e desde o Magariños quixemos animar a todo mundo a que veña ler á nosa biblioteca, por iso, desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e en colaboración cos titores, decidimos facer estes booktrailers, nos que os nenos e nenas fixéronse pasar por un día por youtubers. 

Espero que o desfrutedes neste vídeo:

  

Recomendacións literarias para o verán do equipo de Biblioteca.

Benqueridas familias.

Como cada verán, a nosa mascota Litri, vos deixa a súas recomendacións literarias, para que podades viaxar a mil e un lugares coa vosa imaxinación.

Podedes atopala premendo na imaxe:  

Agardamos que vos gusten as súas recomendacións e disfrfutade moito de este verán que o tendes  merecido!

Un forte abrazo de Litri e do equipo de biblioteca da nosa escola. 

 

Visitas á Biblioteca Municipal

16/04/2013 10:40
Europe/Madrid

Neste mes do libro queremos ampliar horizontes e darlle a coñecer  ao alumnado do centro unha das bibliotecas máis bonitas da comarca: A Biblioteca Municipal de Cambados. Hoxe empezará o primeiro grupo e sucederánse ao longo destas dúas semanas do mes de abril.

Eduardo Baamonde preséntanos o seu libro: Cambados

12/04/2013 10:00
12/04/2013 11:40
Europe/Madrid

O alumnado do centro poderá coñecer de primeira man, como se foi construíndo o libro "Cambados" editado por Factoría K. Eduardo Baamonde, o seu autor, iranos contando os pasos deste proceso creador e artístico.

VIII Concurso: "O latexo das verbas"

Xa empezou o concurso de"O latexo das Verbas" no que podes amosarnos as túas máis bonitas creacións narrativas ou poéticas. O concurso remata o 22 de marzo. Ánimo poetas!

Día da Paz

30/01/2013 12:00
30/01/2013 13:10
Europe/Madrid

O día 30 de xaneiro queremos celebrar o Día da Paz dun xeito moi especial: cada clase aportará as súas mellores propostas para acadar esa ansiada Paz: na casa, na escola, no parque ... As pombas mensaxeiras levarán unha mensaxe de Paz e gratitude; veremos levantar o voo ao globo de papel cos nosos mellores desexos (se non chove) e cantaremos xuntos un himno de paz.

VII Concurso: "O latexo das verbas"

Xa empezou o concurso de"O latexo das Verbas" no que podes amosarnos as túas máis bonitas creacións narrativas ou poéticas. O concurso remata o 14 de abril.

Pola vila de Cambados o alumnado de 2º visita a Biblioteca Municipal

10/12/2010 11:00
10/12/2010 12:00
Etc/GMT+1

Xa moi perto do Nadal saimos "Pola Vila de cambados" co alumnado de 2º, que visitou nesta semana as novas dependencias da Biblioteca Municipal. Alí os nenos e nenas do colexio, ademais de atopar aos seus compañeiros descubrirán  un mundo inmenso de amigos nos libros que os esperan.

Visita a exposición "Camiño de Santiago"

Anímate e ven visitar a exposición sobre o Camiño de Santigo que está situada onda a porta principal do Centro. Vas atopar moitas cousas sorprendentes e moitos libros interesantes sobre o Camiño.

Distribuir contido


by Dr. Radut