Skip to Content
Iniciar sesión: Acceso

Animación á lectura

Contacontos con Mario Tomás

28/04/2011 00:00
28/04/2011 14:00
Etc/GMT+1

   

Consorcio Editorial agasalla ao centro este ano cun contacontos moi especial para todo o alumnado. Mario Tomás invítanos a descubrir nos libros aventuras realmente incribles.

Concurso "A mascota da Biblioteca"

Está en marcha un concurso de creación para crear unha mascota para a nosa biblioteca. O concurso remata o 31 deste mes de marzo.

O equipo de biblioteca escollerá a mellor das presentadas. Ide pensando en propostas orixinais, coloristas e creativas.

Contacontos

22/02/2011 09:35
22/02/2011 12:35
Europe/Madrid

O martes poderemos disfrutar de varias sesións de Contacontos grazas a colaboración da Editorial Anaya.

Presentación do proxecto didáctico "Pola vila de Cambados"

21/01/2011 09:00
21/01/2011 10:00
Europe/Madrid

O vindeiro venres, día 21, na aula de Usos Múltiples do colexio terá lugar a presentación do proxecto didáctico "Pola vila de Cambados". Poderemos escoitar o manifesto que, con tal motivo nos lerá o escritor Exidio Cuiñas e tamén se procederá á lectura duns poemas que, con tal ocasión nos envía a escritora Mucha Durán.

Visita á Biblioteca Municipal

24/11/2010 12:20
24/11/2010 13:10
Etc/GMT+1

O alumnado de 1º A poderá coñecer e disfrutar das novas instalacións da Biblioteca Municipal de Cambados.

Visita á Biblioteca Municipal

05/11/2010 11:30
Etc/GMT+1

O alumnado de 1ºB visitará o venres, día 5, as novas instalacións da Biblioteca Municipal de Cambados

Mestres contacontos: Inma, do CEP de Corvillón

12/05/2010 00:00
12/05/2010 10:00
Etc/GMT+1

Continuando coa experiencia iniciada no curso pasado, podemos disfrutar dunhas estupendas sesións de contacontos grazas a colaboración de mestres que, como Inma, nos agasallan coa maxia das palabras. Desta volta foron os alumnos e alumnas de 1º os que puideron disfrutar destes momentos tan especiais arredor dun libro e da palabra. Grazas Inma

Anxo Fariña no colexio

11/05/2010 12:30
11/05/2010 13:10
Etc/GMT+1

Un ano máis Anxo Fariña veu ao colexio para falarnos de como crear contos e historias, convertirnos en escritores e mesmo en ilustradores seguindo as claves máxicas do seu bo facer. Desfrutaron da sesión os alumnos/as de cuarto, quinto e sexto que levaron como recordo uns bonitos debuxos, o principio dun conto e a semente da creación.

Charla: "Os detectives na novela galega"

14/04/2010 10:00
14/04/2010 11:00
Etc/GMT+1

O próximo mércores contaremos no centro coa presenza de Miguel Anxo Fernández, mestre, crítico de cine, xornalista e escritor. Estará co alumnado do 3º Ciclo para falarlles de escribir e de ler, de crear e contar, de novela e de cine, .. e,  entre outras cousas, dos "Detectives na novela galega".

Visita á Biblioteca Municipal de Cambados

21/04/2010 10:00
21/04/2010 11:45
Etc/GMT+1

Dentro das actividades programadas durante o mes de abril para a celebración do Día do Libro, o  alumnado de 2ºB visitarán o vindeiro 21 de abril a Biblioteca MUnicipal en Cambados

Distribuir contido


by Dr. Radut