Skip to Content
Iniciar sesión: Acceso

Ausencia de hoxe, novo prazo de presentación de reclamacións e reunión coas familias sobre o comedor.

Por motivos persoais, o colexio permanecera pechado no dia de hoxe, polo que o prazo de presentacion de reclamacions da listaxe provsional de admitidos do comedor, comenzará a contar a partir de mañá e rematará o mércores da vindeira semana. 

Aproveito para rogarlle a todas as persoas que quedaron excluidas do servizo, que esta direccion fixo as xestions precisas para conseguir o doble turno de comedor polo que ningún alumno quedará excluído do servizo. Únicamente quedará excluído algúns dias de setembro, ata que veña autorizado definitivamente o desdobre. 

O vindeiro mércores, día 1 de agosto, terá lugar unha reunion informativa coas familias do comedor ás 20 horas, no noso centro. 

Un saúdo 



page | by Dr. Radut