Skip to Content
Iniciar sesión: Acceso

Presentación do proxecto " Inventando con Leo no Magariños"

Como xa todos e todas coñecedes, no remate do segundo trimestre realizamos unha actividade moi especial que titulamos " Inventando con Leo no Magariños", e que trataba de promover no noso alumnado e traballar a competencia de aprender a aprender e a competencia de sentido e iniciativa emprendedora, posto que na historia houbo unha persoa cuxa vida se caracterizou, sobre todo, por ser emprendedor, que foi Leonardo Da Vinci.
Aproveitando a visita que nos brindou a posibilidade de ir a ver a Vigo sobre a vida e a obra deste famoso personaxe, no colexio realizamos un xogo fantástico e que queda recollido na presentación que a continuación poden ver premendo na imaxe.


page | by Dr. Radut