Skip to Content
Iniciar sesión: Acceso

Semana da Dorna.

Estimadas familias.
Esta semana, e dentro dos actos do 50 aniversario do centro contaremos coas exposicións sobre “Os oficios do mar” e “Embarcacións tradicionais”, en colaboración coa “Fundación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial”.
Un antigo mestre do centro, D. Juan Piñeiro Chantada, vencellado ao mesmo dende o ano 1996, traerá ao centro a súa Dorna e ensinaralle ao noso alumnado os segredos dunha das embarcacións mais típicas da nosa terra, así como as artes e oficios da pesca e do mar, ligadas directamente á nosa cultura mariñeira. 
Como tal, invitamoslles a participar e visitar a exposición durante as tardes, os martes, mércores e venres, no horario de 16:00 a 19:00 horas.
Desexando que sexa do seu agrado e de que poidan disfrutar da mesma, reciban un cordial  saúdo.
 
A dirección. 


page | by Dr. Radut