Skip to Content
Iniciar sesión: Acceso

Celebramos os Maios!

 

Xa chegou o Maio!

Durante a segunda metade da xornada de hoxe, o alumnado participante na actividade, realizou o fermoso maio que encabeza esta nova, e no que grandes e pequenos desfrutaron facendo colares de pampullos, elaborando os ramos e sobre todo, cantándolle alegremente aos maios.

Desexamos agradecer a todas as familias, e ao alumnado en xeral, que trouxese tantos pampullos, xestas, ovos, e demais material, tal e como se lle solicitou.

Agora so agardamos que o vindeiro domingo, ademais de festexar o día da Nai e o día do traballador, pasen un día xenial coa celebración da festa dos maios.

 



blog | by Dr. Radut