Skip to Content
Iniciar sesión: Acceso

Aclaracións sobre o seguro do Centro.

Coa intención de aclarar diferentes informacións que distintos familiares de alumnado aportaron ao centro educativo informo:

O CEP Antonio Magariños Pastoriza posúe, do mesmo xeito que calquera centro educativo da Xunta de Galicia, un seguro de Responsabilidade Civil que cubre todos os danos que o centro poida realizar contra terceiras persoas. Isto non significa que, no momento no que un alumno/a cae no centro e é obrigado levalo/a ao centro médico, o primeiro a realizar e a atención do mesmo, informando que dita atención será cuberta polo seguro do/a nai ou pai do alumno/a en cuestión. No caso de que chegase unha factura á casa polos servizos prestados, a obriga é traer ao centro a mesma e o centro, emitindo un informe correspondente remitirá a mesma ás instancias superiores que solucionen a situación.

Tan só no caso de que asociacións externas ao centro desenvolvan actividades en horario extraescolar, as familias ou, de ser o caso as asociacións contratantes, deberán solicitarlle o seguro as empresas que desenvolven ditas actividades ou realizar un seguro para levar a cabo ditas actividades.

Agardo que isto aclare as dúbidas expresadas e póñome á disposición de todo aquel/a interesado/a para aportar mais información se é preciso.



blog | by Dr. Radut