Skip to Content
Iniciar sesión: Acceso

Reserva de praza para o curso 2018/19

RESERVA DE PRAZA  para o curso 2018-19

 

Comunícase ás familias  do CEP Antonio Magariños Pastoriza de Cambados, de 6º curso de Educación Primaria que abreu o prazo para realizar a reserva de praza para o vindeiro curso 2018/19, segundo a ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o         procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

Como no ano anterior, a Xunta de Galicia elaborou unha aplicación web para poder realizar dita reserva que a poden atopar na seguinte dirección web:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Para aquelas familias que o desexen, ou non teñan acceso á Internet nas súas vivendas, o centro habilitará un espazo no corredor superior con dous ordenadores para facilitar a realización deste trámite.

Ademais, aquelas familias que non desexen realizar este trámite a través da Internet, poderán solicitar o documento ANEXO I: RESERVA DE PRAZA  para que o traian ao cuberto e asinado ao centro, antes do XOVES, 15 DE FEBREIRO.

Para realizar o trámite a través da Web, os pasos son moi sinxelos:

Solicitudes   -–   Solicitudes de reserva  --  Crear solicitude de reserva

 Ao premer no botón, e mentres o prazo está aberto accedemos a unha pantalla na que a través de distintas pestañas navegaremos pola solciitude de reserva de praza. Así:

 

Destacar que mentres non premamos no botón gardar e continuar na pestana de datos persoais a solicitude non terá un código de solicitude. É a partir dese momento que a aplicación xera un código alfanumérico para identificar a solicitude de reserva. Vése aquí como queda a pantalla ao debuxar o código da solicitude

A ter en conta:

  • Non podemos saltar dunha pestana a outra sen antes ter gardado todos os cambios (as disitintas pestanas teñen validacións como letra correcta para dni, xénero, etc).
  • Na pestaña Confirmación Solicitude teremos o borrador da mesma (vemos o documento da solicitude coa palabra borrador no fondo).
  • Unha vez que premamos en confirmar borrador, dito borrador non poderá ser editado por parte das familias.
  • O código da solicitude será fundamentalpara despois poder recuperala.

RECUPERAR UNHA SOLICITUDE:

A través desta funcionalidade poderemos recuperar unha solicitude que esteamos gravando (tanto se estamos rexistrados na aplicación como se non). Para poder recuperar toda solicitude é preciso coñecer o código da mesma, así como o número do documento oficial de identidade de un dos responsables do alumno para o que se formula a reserva.

           

Aquelas nais/pais que precisen solicitar praza noutro centro distinto do IES Ramón Cabanillas deberán comunicar a renuncia por escrito no CEP Antonio Magariños antes do 20 de febreiro. Unha vez presentada a  solucitude de praza no novo centro entregaran no CEP Antonio Magariños unha copia da mesma. (Artigos 9.3 e 11.2  da Orde de 12 de marzo de 2013)

 

Agradecendo a súa colaboración, reciban un cordial saúdo

A Dirección.

Semana da Papiroflexia.

Esta semana, como un dos actos do "50 aniversario", terá lugar no noso centro a Semana da Papiroflexia.
 
Durante a semana, dous profes que formaron parte do noso centro, D. Juan Maceira e Da. Lucía Soto, compartirán cos nosos escolares momentos de lecer e de disfrute facendo unha actividade maravillosa e divertida que a todos os alumnos lles encanta.
 
Ademais das actividades co alumnado, ten lugar no centro unha exposición realizada por D. Juan, onde poderán atopar obras de arte feitos en papel, como poden ser animais, colgantes, pendentes e diferentes figuras realizadas con esta técnica. Dita exposición está aberta ao público de luns a venres en horario de 16:00 a 18:00 horas da tarde.
 
Ademais, o xoves haberá 3 talleres para as familias que desexen asistir a aprender un pouquiño mais sobre esta técnica, pero é preciso anotarse previamente chamando ao teléfono do centro para non masificar os talleres. Os talleres terán lugar de 16:00 a 19:00 horas e terán unha duración de unha hora.
 
Agardamos que disfruten desta actividade.

 

Visita á Deputación de Pontevedra polo alumnado de 5º. Programa "Depoemprende na escola"

No seguinte link poderá visualizar o video da visita do noso alumnado de 5º de Ed. Primaria á Deputación de Pontevedra para recoller as credenciais das cooperativas que se crearon neste curso 2017/18.
 
https://www.youtube.com/watch?v=cpDij_ps2YU&t
 
Un saúdo.

1º reunión da Escola de Familias

08/11/2017 19:15
08/11/2017 20:15
Hoxe, ás 19:15 horas terá lugar a primeira sesión da Escola de Familias.
 
O tema a traballar no día de hoxe serán os conflitos e como axudarlle aos nosos fillos/as a sair dos mesmos.
 
Agardo a vosa asistencia

Magosto 2017

10/11/2017 12:00
10/11/2017 12:00
O venres 10 de novembro, dende as 12:00 horas terá lugar no noso centro o Magosto como cada ano.
 
O alumnado poderá ir traendo castañas, así como paus e/ou carozos.
 
Moitísimas grazas pola vosa colaboración.
Distribuir contido


by Dr. Radut