Skip to Content
Iniciar sesión: Acceso

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Xoves Novembro 08, 2012
Start: 08/11/2012 10:00
End: 08/11/2012 10:30

Despois de escoitar estes días a Domingo Tabuyo que nos amosou as maravillas que sairon das mans traballadoras e da mente creativa e universal do artista cambadés Francisco Leiro, hoxe poderemos disfrutar, da man de Emilio Ínsua, da artista Maruja Mallo, a quen tanto coñece. Mil grazas de novo.

Venres Novembro 09, 2012
Start: 09/11/2012 12:20
End: 09/11/2012 14:00

Magosto!!!, co cheiro a lume, a castañas asadas, a risas e encontros cos compañeiros, a xogos, a outono. Será despois do Plan Lector. Acordádevos de traer as castañas xa picadas e uns paus de leña.

Xoves Novembro 22, 2012
Start: 22/11/2012 12:00
End: 22/11/2012 13:00

O alumnado de 5º tivo a oportunidade de aprender a importancia de coidar e mellorarmos o noso medio, fonte de recursos e valor de futuro para as nosa terra. Todo grazas á colaboración de Unións Agrarias.

Martes Novembro 27, 2012
Start: 27/11/2012 12:00
End: 27/11/2012 20:00

O día 27 de 12 a 13:00 terá lugar o acto electoral do alumnado. Pola tarde de 16 a 16:30 corresponderalle ao profesorado e seguidamente, de 4:30 a 20:00 serán as nais e pais as que co seu voto escollan aos seus representantes no Consello Escolar. Animámosvos a parcicipar activamente.

Xoves Novembro 29, 2012
Start: 29/11/2012 12:00
End: 29/11/2012 13:00

O alumnado do centro aprenderá da man do autor de "El cuarto hocico" (programa merecedor de diversos premios a nivel nacional e internacional que fomenta a participación activa do alumnado e potencia a imaxinación e a creatividade ) a coidar e protexer aos nosos animais e mascotas. Debemos ter sempre presente a importancia e a responsabilidade das nosas decisións e ter presente que as mascotas non son xoguetes.

Distribuir contido


by Dr. Radut