Skip to Content
Iniciar sesión: Acceso

blogue deadmin

Festival de entroido

Pasámolo en grande, como podedes ver!!!! Pincha aquí si nos queres ver.

 

Festival

 

Solicitude de praza para o curso 2015/ 16

Pódese consultar a lexislación relativa ao proceso de admisión na seguinte ligazón: Lexislación e anexos  e completar a información consultando as instruccións da Dirección Xeral de Centros, así como a nota informativa remitida aos centros dende a Xefatura Territorial de Cultura Educación e O. U. nos anexos que se adxuntan.

Visítanos Antonio Magariños

Hoxe recibimos no centro a visita de Antonio Magariños, neto do mestre ao que lle da nome o centro. Estivo acompañado de Xoan Antonio Pillado, tamén mestre e compañeiro de promoción de Antonio. Quedamoslle moi agradecidos pola súa visita e invitámolo  a acompañarnos na celebración do 50º aniversario da creación do colexio, que será dentro de dous anos.

Reserva de Praza

Está aberto o prazo, ata o 16 de febreiro,  para realizar a Reserva de praza. Véxase a lexislación aplicable na seguinte ligazón.

Anexos lexislativos

Visita do Conselleiro de Cultura, Educación e OU

Hoxe estivo no centro o Conselleiro de Cultura, Educación e O.U. acompañado do Delegado Territorial de Pontevedra, o Xefe Territorial, o presidente da Deputación, o alcalde de Cambados, o xefe da Unidade Técnica, o inspector da zona e outras autoridades. O Conselleiro explicoulle aos diferentes medios de comunicación presentes as obras realizadas e os proxectos previstos a curto plazo no Concello de Cambados. Procedeuse logo á visita das instalacións polideportivas.

Por fin no patio

Hoxe, despois dunha longa espera, puidemos volver utilizar o patio dos maiores e atopámonos co patio cuberto practicamente rematado. Quedou moi bonito e luminoso. Aínda ten moito po, pero van limpalo en breve. Quedan uns pequenos detalles a mellorar que se farán probablemente na Semana Santa, pero xa podemos utilizalo.

Festival de Nadal

Distribuir contido


by Dr. Radut