3º POLO SAN MARTIÑO, TROMPOS Ó CAMIÑO 2014
O ALUMNADO DO CEP ALTAMIRA VIVIU UNHA NOVA XORNADA NO TEMPO DE RECREO EN CONTACTO COS TROMPOS NA COMPAÑA DE FAMILIARES. O TEMPO PRONOSTICADO ERA MOI DESFAVORABLE PERO FINALMENTE NON CHOVEU E INCLUSO SAÍU O SOL. A AFLUENCIA DAS FAMILIAS FOI MOI GRANDE, CONFIRMANDO A BOA ACOLLIDA DESTAS ACTIVIDADES NA COMUNIDADE ESCOLAR DE SALCEDA, HISTORICAMENTE AFEITA A UNHA ESCOLA INTERACTIVA CO MEDIO SOCIOCULTURAL E MEDIOAMBIENTAL. NORABOA Á COMISIÓN DE DEPORTES, ORGANIZADORA, E A AQUELES MESTRES E MESTRAS QUE PARTICIPARON ILUSIONADOS. TRASLADAMOS A TODOS OS PARABÉNS RECIBIDOS DAS FAMILIAS E ANPA.