Ex-alumnos polo mundo

Ex-alumnos polo mundo...


No curso 1987-1988, o noso colexio -daquela chamábase Colexio Público de Xuño- empezou a funcionar como tal e a encherse de escolares que xa non terían que ir ata Porto do Son para rematar o coñecido E.X.B. (Ensino Xeral Básico).

Dende aquel curso xa pasaron 27 anos (fainos en setembro) e máis de 1.200 rapaces e rapazas. Xa hai ben anos que sairon para a ESO, no IES Porto do Son, os fillos e fillas dos ex-alumnos dos primeiros cursos que tivo o noso colexio.

¿E isto a onde quere chegar? Pois... vese vir... ¿Non si? ¿Non vos gustaría saber que foi de moitos daqueles compañeiros e compañeiras? Moitos seguen a estar perto pero... aí ven a pregunta: "¿E que sería de...?"

Nun mundo xa tan globalizado e tecnolóxico, con tanta rede social, que si Facebook, que si Tuenti, que si Tuitter, etc., apetécenos ter na nosa web algo "máis noso", algo "máis persoal"..., algo asi como un espazo adicado aos EX-ALUMNOS.

Podiamos facer unha proba.... Facemos un apartado na nosa web para os ex-alumnos. En principio, algo sinxelo. Podes dicir quen eres, en que anos estiveches no cole, onde andas agora polo mundo... Se queres dicir tamén a que te adicas e mandarnos algunha foto... poñémola encantados.

Se vos parece ben e funciona, estupendo. E se non, non pasa nada por probar...

E para estrear este recuncho... queremos darlle as grazas á ex-alumna: Olga Sofía Lijó Seráns, de Carballosa.

Coñeceu a idea e mostrouse encantada e mandounos un correo electrónico. Olga está en Alaska. Si, en Alaska !!!!  Vive en Juneau.

Velaí unhas fotos que nos mandou dun lugar de Alaska:  Kenai, Alaska (Ver máis información)

 

Se queredes enviar as vosas presentacións, comentarios, fotos, etc., para que figuren neste apartado de "EX-ALUMNOS", podedes dirixirvos directamente á Coordinación e Profes do "Equipo TIC", que se encargan do mantemento da web, enviando un correo ao seguinte enderezo:  web.ceipxuno@gmail.com.

Grazas.

 

Distribuir contido