Animación á Lectura

23 ABRIL: DÍA DO LIBRO 2020

OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA CO ILUSTRADOR ALFONSO BARREIRO CARREÑO

O xoves 13 de febreiro, o alumnado de 3º 4º 5º e 6º de Educación Primaria asiste a un obradoiro de banda deseñada co ilustrador Alfonso Barreiro Carreño na Biblioteca Municipal de Porto do Son.

 

 

CONTACONTOS: PEDRO BRANDARIZ

O martes 11 de febreiro, visitanos o actor, cómico e monologuista Pedro Brandariz para afondar sobre a igualdade entre homes e mulleres a través de dous contos escritos por Raquel Díaz Regueira.

Pasámolo moi ben. Grazas Pedro.

PROXECTO DE BIBLIOTECA: KAMISHIBAI

O luns 27 de xaneiro, Ana Freire da Ludoteca de Porto do Son achéganos o Kamishibai, explicándonos a súa historia, partes, funcionamento... e contándonos unha fermosa historia nipona con el.

Durante o 2º trimestre, o Equipo de Biblioteca desenvolve un Proxecto sobre o Kamishibai no que participa todo o alumnado do centro.

  *kamishibai: Antigo teatriño de madeira popular do Xapón que servía para apoiar con as historias que os contacontos levaban de pobo en pobo.

CONTACONTOS: ULA LÚA?

O mércores, 27 de novembro Celtia Figueiras da Compañía de títeres A Xanela do Maxín, agasallounos co seu conto Ula Lúa?

KAMISHIBAI: ANTES FUIMOS DINOSAURIOS

O venres 10 de maio, o alumnado de Infantil, 1º e 2º de Primaria asistiu á obra Antes fuimos dinosaurios.

Ana Freire, do Concello de Porto do Son, achegounos o kamishibai que é un antigo teatriño popular do Xapón que servía para apoiar con ilustracións as historias que os contacontos levaban de pobo en pobo.

 

VISITA DO ESCRITOR GONZALO MOURE

O xoves 9 de maio visitounos Gonzalo Moure para nos falar da súa obra Palabras de Caramelo.

Grazas Gonzalo Moure.

Distribuir contido