Samaín

SAMAÍN 2019: EXPOSICIÓN DE CABAZAS

O Samaín

O SAMAÍN (SAMAHIN)

Samaín é a festividade de orixe celta máis importante do periodo pagano que dominou Europa ata a súa conversión ó cristiniamismo. Practícase dende hay máis de tres mil anos polos pobos celtas europeos.

Esta tradición, conservada en Irlanda, puido ter sido exportada aos Estados Unidos de América polos irlandeses coas migracións a este país no século XIX e comezos do XX. Halloween é unha adaptación estadounidense do Samaín. A palabra Halloween ven de «All Hallow's Eve» ( Vixilia de Tódolos Santos)

Nas vésperas do Día de Defuntos, collíanse as cabazas ... e facíanse con elas as caras aterradoras cuns ollos e unha nariz abertos e colocando uns pauciños, como dentes, na feroz boca aberta, ás que se lle poñía dentro acendido un cabo dunha vela". Estas cabazas iluminadas colocábanse sobre os balados ou nas encrucilladas, para asustar os camiñantes.

Costume semellante ao Samaín, que está documentada en moitos sitios de Galicia na Noiteboa ou, menos, na Noitevella, foi a de deixar tamén na mesa doces ou castañas ou deixar a mesa sen recoller para que comesen as ánimas, facer colares con castañas novas, colocar landras no patín da casa, por veces facendo debuxos de cruces ou serpes, polo que pode ser tamén o orixe do Magosto. Outro costume galego do Nadal foi botar na lareira o tizón de Nadal ou lume novo, que debía manterse ardendo durante todo o Nadal, coa particularidade de que na comarca de Tui este ritual se realizaba na noite do día de defuntos, co obxectivo de que as almas dos devanceiros poidesen quentarse.

Na noite do 31 de Outubro ao 1 de Novembro celebrábase o fin da temporada de colleitas na cultura celta e era considerada como o " Aninovo Celta", que comezaba coa estación escura. É tanto unha festa de transición (o paso dun ano a outro) como de apertura ó novo mundo.

A chegada das ánimas nesta noite representaba un potencial perigo do que se defendían colocando sobre os muros ou nos vaos das paredes as caveiras dos seus inimigos, para que as ánimas que puidesen vir non se achegase ós castros nin ás casas. Dentro desas caveiras colocaban unha candea de sebo acesa.

Coa cristanización de Europa, a festa pagana do Samaín rebautizóuse como " Día de tódolos santos". A tradición de depositar calaveras foi sustituída posteriormente polo vaciado de nabos de gran tamaño e cabazas, que represetaban caras, e metíaselles dentro unha candea.

O Samaín era o momento no que as ánimas dos mortos retornaban ás súas casas para visitar os familiares aínda vivos. Nesta visita aproveitaban para buscar alimento e quentarse co lume da lareira, polo que era costume deixar o lume aceso nesta noite e nunca varrer a lareira para non afastar as ánimas; por veces tamén se deixaba unha cadeira baleira, co seu servizo de comida e bebida, para que as ánimas se achegasen á mesa familiar.

Máis información e Recursos:

Distribuir contido