A Biblioteca do cole viu, ao longo deste curso que rematou, como moitos de vós baixabades no recreo a coller libros de lectura en préstamo. Aínda que no verán o cole estea pechado, non perdades ese marabilloso costume da lectura. Botade unha ollada a estes libros que vos recomendamos dende o equipo de Biblioteca. Seguro que atopades algún interesante para ler no verán baixo o parasol na praia. ¿E que me decides, os mais pequenos, se alguén da familia vos le un pouco antes de durmir? ¡Que gustazo! ¿Non si? Logo, á volta en setembro, nos contades cales vos gustaron máis e miraremos de mercalos para a “Biblio”, e poñelos no estante das novidades que hai na entrada. Aí van os nosos "recomendados" e que teñades un bo verán.
|
|||||||||||||