EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO 6º EP: PARQUE NATURAL FRAGAS DO EUME

O 17 e 18 de xuño, o alumnado de 6º de Educación Primaria saíu de excusión de fin de etapa ao Parque Natural das Fragas do Eume (reserva protexida de bosque atlántico situada preto de Pontedeume).

Durante estes dous días conviviron cun grupo da mesma idade dun colexio de Mugardos no Albergue Alvarella, onde realizaron diversas actividades de coñecemento e protección do medio natural; e outras máis lúdicas de socialización e disfrute da natureza. 

O martes 18 de tarde, realizou unha visita guiada polo Museo de Historia Natural de Ferrol.