Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.
Distribuir contido

ACTIVIDADES

O xoves, 26 de maio, o alumnado de 5º e 6º de Primaria recibiú unha charla sobre "A Internet e as redes sociais", dentro do "PLAN DE MELLORA DA CONVIVENCIA NOS CENTROS EDUCATIVOS E AS SÚAS CONTORNAS".

PROGRAMACIÓN DE SAÍDAS E VISITAS DIDÁCTICAS CONFIRMADAS DO TERCEIRO TRIMESTRE

 

Xoves, 8 abril - Infantil e Primaria

CHARLAS SOBRE EDUCACIÓN VIAL - DGT (Xefatura Provincial de A Coruña)

Horario: 12:15 a 13:00 h. Educación Infantil: Visionado de conto e porterior saída ao patio para ver un coche patrulla e motos da Garda Civil de Tráfico.

1º y 2º curso de Educación primaria: Charla e visionado de video, posteriormente saída ao patio para ver un coche patrulla e motos da Garda Civil de Tráfico.

Horario 13:00 A 13:50 h. 3º y 4º de E. Primaria: Charla e video. 5º y 6º de E. Primaria: Charla e video.

 


 

Xoves, 26 maio - 5º e 6º Primaria

"PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E MELLORA DA SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS E AS SÚAS CONTORNAS",

Impartirase unha charla por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, e dirixidas neste caso, ao noso alumnado de 5º e 6º de Primaria, co tema "A Internet".

 


Xoves, 2 xuño - 3º,4º,5º Primaria

VISITA AO MUNCYT DE A CORUÑA (Museo Nacional da Ciencia e Tecnoloxía)

No museo expóñense diversas pezas da historia tecnolóxica de España e Galicia entre as que están algunha relacionada coa cidade da Coruña, como a anterior lanterna da Torre de Hércules que funcionou entre 1857 e 1904. Tamén se pode ver e visitar a cabina do avión que trouxo a España o Guernica de Picasso dende Nova York, unha pequena exposición da historia tecnolóxica en España, iniciativas industriais e a evolución dos medios de comunicación escritos e informáticos. (Fonte: https://gl.wikipedia.org)


 Xoves 9, venres 10, xuño - 6º Primaria

EXCURSIÓN DE FIN DE PRIMARIA AO ALBERGUE DE ECOTURISMO ALVARELLA

O albergue ubícase nunha finca de 50.000 metros cuadrados. Consta dun edificio concebido para un turismo de grupos, con 12 habitacións de 2-5 prazas, dúas delas adaptadas para minusválidos, con baño e calefacción. Sitúase a medio camiño entre o bosque e a paisaxe do val, erguido sobre un socalco, e oculto baixo as árbores, xogando a ser unha escondite e un observatorio da natureza. O albergue non é só un aloxamento, é tamén un centro de aprendizaxe e de iniciación á cultura medioambiental, incorpora solucións constructivas bioclimáticas e ecolóxicas, con aproveitamento da enerxía solar. Existen ademais outras zonas de uso común como a piscina, comedor, palleira, pista deportiva, zona de xogos tradicionais e amplos espacios verdes. Ofertan obradoiros e actividades de educación ambiental en relación ó Parque Natural das Fragas do Eume, o Patrimonio Histórico Eumés, as enerxías renovables, o litoral Atlántico e a reciclaxe de residuos e augas... rotas de sendeirismo, cabalos e piragüas. (Fonte: http://www.alvarella.com/).

Powered by Drupal - Design by artinet