Ao longos dos últimos días, o alumnado estivo realizando numerosas actividades relacionadas co Samaín/Halloween. Aquí mostrámosvos uns exemplos do que fixeron os cativos do colexio.
O venres volvemos a realizar obradoiros en Educación Infantil. Esta vez amosamos un deles, o de motricidade fina. Neste obradoiro fixemos recortado e fiado de palliñas de cores. Podedes ver unha mostra na seguinte foto:
O pasado venres o alumnado de sexto curso acudiu á igrexa da Pastoriza para realizar unhas lecturas ininterrompidas con motivo da celebración do Día de Valle-Inclán.
Con motivo da celebración do 24 de outubro estreamos a nova imaxe de Don Mexillón, moito máis actual e atlético (acorde ao proxecto deste curso sobre os Xogos Olímpicos). Esperamos que vos guste!!
Xa rematou a formación de usuarios da Biblioteca de Don Mexilón realizada durante os plans lectores. As colaboradoras e colaboradores explicaron a cada unha das clases o funcionamento deste espazo e atenderon ás dúbidas do alumnado. Fixérono estupendamente!
O venres comezaron os obradoiros internivel en Educación Infantil. A continuación podedes ver un pouco do realizado: cenorias e máis cenorias! Plantación e biscoito.
Este ano mantemos a estratexia educativa e inclusiva dos patios dinámicos, tanto no cole norte coma no sur. Para iso, contamos cuns horarios para organizar ao alumnado voluntario encargado de cada un dos xogos. Está sendo todo un éxito!
O venres convertémonos en auténticos loitadores e loitadoras! O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º gozou dunha xornada de iniciacióin á Loita Libre Olímpica, coa deportista Lydia Pérez e o seu adestrador Marcos Miragaya. Foi toda unha experiencia! Podedes ver algúns momentos na seguinte recopilación:
A loita olímpica xunto co atletismo son os deportes de competición máis antigos do mundo. Este venres 13 de outubro, contamos coa visita dunha gran promesa galega, a loitadora Lydia Pérez. Deixámosvos un pequeno vídeo sobre ela e un par de enlaces adxuntos para coñecer máis este deporte.
Esta mañá o alumnado de segundo realizou unha andaina polo Terrón para gozar dunha preciosa paisaxe de costa. Ademais, observaron os diferentes elementos naturais e artificiais da contorna (praias, porto, faro...). A continuación, amosámosvos algúns momentos da mañá: