Libros e material

AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL

 Á ATENCIÓN DOS PAIS/NAIS D@S ALUMN@S DE 6º DE E.I. E DE 1º, 2º, 3º, 4º, 5º E 6º DE E.P.

      No D.O.G. nº 96 do luns 20 de maio do presente, publícase na Orde do 7 de maio do 2024 para a solicitude de axudas para a participación no programa de fondo de libros (3º e 4º de Educación Primaria), para a adquisición de libros de texto (1º e 2º de Educación Primaria), alumnado NEAE e para a adquisición de material escolar para o curso 2024/25 para os alumnos de 1º,2º,3º,4º,5º e 6º de Educación Primaria e de 1º de Educación Secunda

    O prazo de presentación de solicitudes será do 21 de maio ata o 21 de xuño ámbolos dous días incluídos. 

    Os alumnos de 6º de Educación Primaria presentarán a documentación no IES ou no centro educativo onde vaian cursar estudos no vindeiro curso. 

    As solicitudes pódense recoller no Colexio e tamén se poden descargar en formato pdf no portal educativo e na nosa páxina web.

    Poderase presentar a solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia ou en papel de xeito presencial no colexio.

    Non ter devoltos os libros do presente curso é causa de exclusión.

    Máis información no arquivo adxunto.

Libros e material do curso 23-24

  

                  MATERIAL                                         LIBROS

     

NOVAS SOBRE OS VALES DE LIBROS E MATERIAL

   Queridas familias:

Queremos recordarvos que:

  • En caso de extravío do vale, o colexio non poderá expedir un duplicado.
  • Unha vez que o solicitante estea en posesión do correspondente vale poderá adquirir os libros no establecemento que libremente escolla, polo importe máximo que figure no vale.
  • No momento da compra o solicitante deberá asinalo e entregalo no establecemento.
  • Os vales non poden ser fraccionados, é dicir o importe total de cada un só pode ser utilizado nun único establecemento.

Ademais, quen non poida facelo nas datas establecidas en xullo, poderán recoller os seus vales en setembro.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer