Skip to Content

ALMORZOS SAUDABLES.

O mércores 11 de decembro veu unha señora nutricionista chamada Puri. Deunos unha charla moi interesante sobre hábitos alimenticios. Ensinounos que  non debemos de abusar de graxas e azucres. Falounos dos diferentes tipos de alimentos e cales eran os máis recomendados. Díxonos que tiñamos que comer sempre alimentos variados. É moi importante lavarse as mans antes de comer polas bacterias. Despois de calquera comida temos que lavarnos os dentes. Ao final de todo isto fixemos un almorzo saudable e variado. É moi importante seguir estes consellos para estar sans e  fortes.



page | by Dr. Radut