Skip to Content

ENTROIDO 2013.

 

 

 O luns de entroido  tivemos que ir co pixama da casa, o martes fumos co pixama e con algo na testa. E finalmente o mércores de entroido viñemos disfrazados como nos queríamos.

 O día de  entroido pola maña estivemos atarefados facendo os compadres e as comadres.Despois do traballo que levamos expuxémolos no comedor para que país e nais os viran.

No Entroido disfrazámonos de  “CONTOS CLÁSICOS”. Cada curso escolleu un conto e disfrazouse  dos personaxes do mesmo. Os pequeniños de tres anos de "Carapuchiña vermella".4 e 5 Anos de "Brancaneves e os sete ananiños". O primeiro ciclo dos "Frautistas de Hamelin" .Os nenos de 2º ciclo foron de "O soldadiño de chumbo".E finalmente terceiro ciclo de "Peter Pan”.
Fixemos un desfile no que lles presentamos os personaxes dos nosos contos os nosos familiares , con baile e DJ incluído , tamén fixemos unha votación para descubrir o gañador do desfile. O conto gañador foiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii  os do soldadiño de chumbo, que o reprensentaban os de terceiro e cuarto que posteriormente desfilarían no concello de Bande. No desfile houbo chocolatada e bica para todos.
No concurso do concello quedamos de terceiros .

Estes días pasámolo moi ben disfrazándonos cos nosos compañeiros e mestres.

Nova creada polos alumnos de 5º  e  6º .

 



page | by Dr. Radut