Skip to Content

CHARLA NO CONCELLO SOBRE OS PARQUES NATURALES.

O obxectivo desta exposición foi presentarlle aos alumnos a diversidade e singularidade dos nosos espazos naturais protexidos, co fin de concienciar á poboación sobre a importancia da conservación do medio natural e do seu propio papel na preservación da natureza e das súas especies.
Galicia conservando a natureza é unha exposición da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia coa que se pretende que os galegos e galegas coñezan os principais valores ambientais e patrimoniais que fixeron merecedores da protección aos diferentes espazos naturais. Ademais, esta exposición pretende sensibilizarnos a todos da importancia que teñen os espazos naturais protexidos para a conservación da nosa biodiversidade, un patrimonio único e irrepetible, que temos a obriga de preservar para as xeracións futuras. Rías, bosques, montañas, ríos, cañóns, lagoas, illas, praias, dunas, matogueiras, esteiros..., unha gran variedade de ambientes que debuxan unha paisaxe única en Galicia. Unha paisaxe que non se pode comprender sen a presenza humana desde hai milleiros de anos, que tamén deixou a súa pegada a través dun rico patrimonio cultural e etnográfico.
Para protexer esta riqueza natural, Galicia conta cunha rede de espazos naturais que é o reflexo desa variedade de hábitats e especies que compoñen a nosa xeografía, unha rede de espazos naturais que está integrada por bosques, montañas, ríos, lagoas, marismas, cantís, illas..., que axuda á conservación da biodiversidade que atesouramos no noso territorio.

Seguindo a tendencia doutros países e comunidades do noso contorno, a superficie protexida en Galicia foi aumentando progresivamente nos últimos anos, estando hoxe en día por riba do 12% do noso territorio. Esta superficie protexida está cuberta baixo varias figuras de protección, acordes aos valores de cada espazo natural: parque nacional, parque natural, monumento natural, humidal protexido, ZEPA, Lugar de Importancia Comunitaria…. 

Tivemos unha sesión moi entretida,curiosa,divertida e enriquecedora.Temos que coidar a natureza e protexer os nosos espacios naturais. 

 

Entrada creada polos alumnos de 5º e 6º.

 



page | by Dr. Radut