Servicios educativos complementarios

comedor escolar

   O Comedor escolar ten  capacidade para máis 150 alumnos/as, na actualidade son 119 os nenos e nenas que acceden a este servicio.

    O comedor é un servicio complementario que está xestionado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. No noso caso trátase dun comedor de xestión directa polo que conta con cociña propia, elaboración dos menús no centro e funcionamento coordinado polo centro.

  Pode facer uso del todo o alumnado  que así o solicite, achegando a documentación oportuna e   aboando o importe que lle corresponda en base á renda familiar.

    Os menús elabóranse co fin de cumprir o obxectivo nutricional máis importante na idade infantil que é conseguir un estado de saúde e benestar óptimo co menor risco de enfermidade. Son avaliados por nutricionistas da Consellería de Sanidade e pensados para conseguir este obxectivo é necesario promover no neno/a hábitos de alimentación e patróns de vida saudables. Deste xeito son prioridades no noso comedor:

  • Desenvolver e fomentar hábitos saudables na escola, educar nutricionalmente, ensinar un   comportamento social e ser centro de desenvolvemento de habilidades de convivencia.
  •    Cubrir unha parte importante das necesidades nutricionais dos nenos/as, proporcionando menús escolares saudables. As outras comidas do día deben achegar o resto das cantidades axeitadas de enerxía e de macro e micronutrientes que permitan un bo estado de saúde e un crecemento óptimo.
  •   Proporcionar unha alimentación variada para garantir a inxestión suficiente e adecuada dos nutrientes.
  •  Involucrar a familia no programa do comedor escolar. 
  •       Potenciar o consumo de produtos frescos.
  •      Introducir alimentos elaborados na zona.

 

O persoal laboral de comedor está formado por un cociñeiro e unha axudante de cociña. 

Colaboran no comedor: a dirección, o/a encargado/a do comedor e once colaboradores.  

As normas que regulan o seu funcionamento están establecidas nos seguinte decreto:

Decreto do  10/2007, do 25 de Xaneiro, (DOG. 6/2/2007) 

Concretado na

INSTRUCIÓN 2/2019, DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓNPROFESIONAL, DO 16 DE XUÑO, SOBRE FUNCIONAMENTO DOSCOMEDORES ESCOLARES DE XESTIÓN DIRECTA NO CURSOESCOLAR 2020-2021

* NOS ARQUIVOS ADXUNTOS PODEDES   visionar o menú escolar.

* O MODELO DE AUTODECLARACIÓN E INSTRUCCIÓNS PARA CUBRILA PODEN DESCARGALOS PICANDO AQUÍ

 

 O TRANSPORTE ESCOLAR

Este servizo complementario está regulado naINSTRUCIÓN 1/2020 DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍADE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL DO 8 DEXUÑO, SOBRE A XESTIÓN DO SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR NOCURSO ESCOLAR 2020-2021

Pódense consultar as novidades publicadas na INSTRUCCIÓN 9/2017,  sobre a recollida do alumnado no Centro e  nas paradas do Transporte no arquivo adxunto.

Distribuir contido