Secretaría

Protocolo Protección de datos

Pódese ler o Protocolo Protección de datos descargando o arquivo adxunto.

secretaría

AXUDA PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Pódese consultar a información relativa á solicitude de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar e descargar as solicitudes nos arquivos adxuntos.

 

RESERVA DE PRAZA

Do 1 ao 15 de febreiro

 

O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición , para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación " admisionalumnado" ( https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado ) o formulario normalizado (ED550A)

O alumnado que non faga a reserva de praza no período establecido perderá o dereito de preferencia e terá que cubrir unha solicitude de admisión no período ordinario.

PUBLICACIÓN DE VACANTES OFERTADAS(ANTES DO 1 DE MARZO)   ARQUIVO ADXUNTO AO FONDO DESTA PÁXINA

 

ADMISIÓN

Do 1 ao  20 de marzo

Presentación de solicitudes de admisión no centro de preferencia.

O alumnado de nova incorporación ao centro deberá presentar a seguinte documentación: 

- Anexo II, admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos (ED550B), que poden solicitar no centro ou descargar NOS ARQUIVOS ADXUNTOS DO FONDO DESTA PÁXINA.

- Cuestionario de idioma (para Educación Infantil)

- Fotocopia libro familia

- Fotocopia tarxeta Seguridade Social, MUFACE, ISFAS,...

- Certificado médico

- Certificado de empadroamento

- Fotocopia do DNI do solicitante (se o posúe)

- Fotocopia dos DNIs dos proxenitores.

- 2 fotografías tamaño carné

- Certificación de matrícula, para alumnado que proceda doutro centro.

Normativa reguladora: - Decreto 254/2012, do 13 de decembro (DOG do 26 de decembro)

                               - ORDE do 25 de xaneiro  de 2017 ( DOG do 1 de febreiro )

                                - Orde 12 marzo 2013 (DOG do 15)

 Do 24 de marzo ao 10 de abril.

- Presentación da documentación acreditativa, no caso de que a demanda supere as prazas ofertadas.

25 de abril

- Publicación das listaxes provisionais  de admitid@s e non admitid@s.

Do 26 de abril ao 5 de maio.

- Prazo de reclamacións.

Antes do 15 de maio.

- Publicación das listaxes definitivas.

Do 1 ao 20 de xuño.

- Formalización da matrícula.

(solicitarase desde o centro a documentación oportuna para formalizar as matrículas do alumnado de nova incorporación)

  • O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

  • O centro conta con servicio de transporte e comedor escolar (este último regulado polo Decreto 32/2013 de 1 de agosto DOG 13).

  • Infórmase as familias do alumnado que solicite praza no centro e non lle corresponde por zona de influencia, que este non ten a obrigatoriedade de manter os servicios complementarios de comedor e transporte escolar segundo a normativa vixente.

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido