Escolares

Especial día da paz

 

O 29 de xaneiro de 2.010, como cada ano celebramos o Día da Paz. Este ano adicado especialmente a Haití. Para facelo previamente elaboramos un programa moi completo de actividades que expoñemos a continuación. Cando estabamos a comezar a xornada chamaronnos da TVG para ver que actos facíamos ese día. Como lles gustou a nosa proposta solicitaron realizar unha conexión en directo dende o programa "Bos Días".

A continuación tedes a dirección para ver o vídeo que emiteu a tvg en directo dende o noso centro:

As fotos dos actos do día podedes velas, coma sempre, nas Galerías desta páxina.
ACTIVIDADES

Debuxo do mundo e reparto de pezas de chocolate que pretendían representar a mala distribución das riquezas no mundo.

Durante toda a semana, nun mural, os/as nenos/as foron observando distintas formas de vida. Despois explicouselles o reparto das riquezas.

Ese día xuntouse todo o grupo de alumnos/as e o grupo de 6º realizou un novo reparto explicando o motivo para facelo dese xeito. Posteriormente o resto dos grupos explicaron o que, o seu entender, é necesario para a Paz.

Alumnos de distintos grupos escenificaron a obra de teatro: "A sopa de pedra".

Tamén se elaborou a palabra paz en carteis de distintos idiomas.

Para rematar todos xuntos cantamos unha canción sobre a cooperación.

escolares

       
       
       
       
       
       
       
       
       
       
       

ACTIVIDADES ORGANIZADAS POLO  CONCELLO:  §         Taller de Teatro.§         Taller de  Danza  e Expresión Corporal.§         Patinaxe.§         Programa de habilidades sociales.§         Programa concellos saudables.§         Obradoiro de igualdade.

Distribuir contido