Dinamización Lingüística

 

 

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA (EDLG)

CURSO 2019/20

 

INTEGRANTES:

Personal docente

-Vale López, Abel (coordinador)

-García Méndez, Rosa Mª

-Cangado Muíño , José Manuel  

-Negro Taboada, Berta                

-Santomé González, Isabel

-Canda Castro., David

 

 Personal non docente

-Dafonte Diéguez, Juan Cristóbal

 

INTRODUCIÓN 

O noso centro atópase emprazado na comarca natural do Deza integrada lingüisticamente na área central de transición, pertencente ó bloque central.

 

   A presenza da lingua galega no noso contorno próximo é maioritaria fronte a outras linguas o que nos deixa unha situación privilexiada de cara ó tratamento e normalización do galego. Esta situación vímola aproveitando e potenciando dende fai anos co fin de promover o uso da lingua galega cunha actitude positiva e sen prexuízos lingüísticos.

 

   Partindo desta realidade  o EDLG  do CEIP Xoaquín Loriga marcámonos como principal obxectivo seguir fomentando a valoración e o emprego da Lingua Galega nos diferentes contextos e actividades da comunidade educativa dando continuidade a varios proxectos iniciados en cursos anteriores e poñendo en marcha outros novos .

 

   Non  deixes de  visitar sempre que queiras  o noso blogue de dinamización lingüística: