Skip to Content

Novas

Visita ao Auditorio de Galicia

O 25 de xaneiro, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria visitaron o Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, para poder disfrutar do espectáculo de Percusión e Danza do grupo "Dúas".


Saímos abraiados!!! Encantounos!!!

 

Celebramos o Nadal

O 21 de decembro celebramos o Nadal! Tamén recibimos a visita de Papá Noel que veu recoller as cartas.

As actuacións foron:

Educación infantil: "Tres pasteliños".

1º E.P. : "O abeto está baleiro".

2º E.P. : "Jingle Bell Rock".

3º E.P. : " Buscando a Papá Noel".

4º E.P. : " Pequeno canon".

5º E.P. : " Canto de reis".

6º E.P. : " O Cometido".

 

 

VISITA AO MUSEO DE BELAS ARTES

O 13 de decembro os alumn@s de 3º e 4º de Primaria visitaron o Museo de Belas Artes da Coruña e participaron nun obradoiro titulado “Que queres ser de maior?”. Esta actividade gustoulles moito e pasárono xenial!

Taller de igualdade da Cruz Vermella

O 19 de decembro a Cruz Vermella de Carballo veu facer un taller para traballar a igualdade nos xoguetes, tendo en conta as datas que se achegan...

Espazo libre de violencias machistas

O 25 de novembro é o día adicado á loita contra a violencia de xénero. No noso centro conmemoramos este día o 23 de novembro debuxando as palmas da nosas mans e escribindo nelas palabras de amor e cariño. Todos xuntos cantamos a canción “Salir corriendo” de Amaral e despois xuntamos todas a mans debuxadas recreando o noso espazo libre de violencias machistas.

Podedes ver máis aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut