FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024/2025
Ábrese o prazo para solicitar a participación no “Fondo Solidario de libros de texto: axudas para material escolar e libros de texto”.
A información deste proceso pode consultarse na Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o día 21/06/20224
Formas de participación:
- Telemáticamente a través da aplicación FONDOLIBROS. É necesaria a chave365.
- Entrega presencial no centro en horario de secretaría (09:35 -10:20 de luns a venres).
Documentación que se debe aportar no caso da participación presencial:
- Anexos I e II. Descargar nos documentos adxuntos, imprimir, cumprimentar os apartados e asinar para poder ser entregado de xeito presencial.
Nota importante: O Anexo II debe vir asinado por tódolos membros computables da unidade familiar. Ademais é preciso cubrir o Anexo II (continuación) e debe asinarse.
- Copia do libro de familia con todos os membros computables da unidade familiar (so é preciso achegar esta documentación no caso de que o número de membros computables cambiase recentemente, con data límite do 31 de decembro de 2023).
- En caso de divorcio ou separación, copia da sentenza xudicial onde figure a custodia do menor (no caso de que non conste no centro).
Axudas para libros de texto:
- Primeiro ciclo de educación primaria (1º e 2º nivel): en función da renda familiar, as axudas consisten na entrega de cheques para adquirir libros de texto por importe de 160 € ou 240 €.
- Segundo ciclo de educación primaria (3º e 4º nivel): en función da renda familiar, as axudas consisten no préstamo de 4 ou 6 libros de texto.
- Terceiro ciclo de educación primaria (5º e 6º nivel): non existen axudas para libros de texto porque este ciclo está inmerso no proxecto ABALAR. Pero si de material escolar.
Axudas para material escolar:
- En función da renda familiar, as axudas serán de 60 € ou 75 € en tódolos cursos da educación primaria.
Cuestións a ter en conta:
- As familias con varios fillos/as no colexio deben cubrir unha única solicitude e incluílos a todos no mesmo documento.
- O alumnado que remata 6º de EP debe entregar a solicitude no instituto ao que vai a ir.
- Ao entregar a solicitude no colexio xa se está participando tanto para libros como para material.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
anexo I e II.pdf | 3.49 MB |
- APIs de Blogue
- Versión para imprimir