Skip to Content

Circulares informativas

Eleccións dos representantes de pais, nais e titores legais ao Consello Escolar

ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS E TITORES LEGAIS AO CONSELLO ESCOLAR

CONVOCATORIA

De acordo coa Resolución do 19 de setembro de 2022, da Consellería de Cultura, Educación, formación Profesional e Universidades, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros de educación non universitaria (DOG do 30 de setembro de 2022), a XUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE PAIS E NAIS DO ALUMNADO, segundo as seguintes normas:

1. De acordo co disposto no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elixir no presente proceso electoral a 2 pais/nais, dun total de 5 que debe ter o Consello Escolar. Os outros representantes de pais continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2021.

2.- Son electores todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais do alumnado matriculado no Centro e incluídos no Censo correspondente que a partir do día da data está exposto no taboleiro de anuncios. As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata as 12'00 horas do día 14 de novembro.

3.- Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do Colexio. As candidaturas poderán ser presentadas ata as 14'00 horas do citado día 11 de novembro.

4.- O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais que non se presenten como candidatos, o día 14 de novembro, ás 12'00 horas. Dita mesa electoral estará composta pola Dirección do Centro, que exercerá a presidencia, e catro pais/nais ou titores legais, actuando de secretario o de menor idade.

5.- A campaña electoral comprenderá dende o 15 ao 25 de novembro, ambos días inclusive. As dependencias e servizos do Centro estarán a disposición dos candidatos, previa petición ao presidente da Xunta Electoral, sempre que o seu uso non altere o normal funcionamento educativo do Colexio. A véspera das votacións, non se poderá facer campaña electoral.

6.- Poderán actuar como supervisores da votación os pais ou titores legais dos alumnos matriculados no Centro que sexan propostos pola ANPA ou, no seu defecto, que estean avalados cando menos pola firma de 10 electores.

7.- As votacións realizaranse neste Colexio Público o día 28 de novembro, de 17:00 a 20:00 horas. A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 16'45 horas.

8.- Na papeleta de votación cada elector fará constar un máximo 1 nomes dos candidatos presentados, debendo acreditar a súa personalidade a hora de votar, mediante exhibición do D.N.I. ou documento similar. O voto será directo, secreto e non delegable e non se admitirá o voto por correo.

9.- Teñen dereito ao voto o pai e a nai ou, se é o caso, o titor legal do alumnado.

10.- Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para ao seu envío a Xunta Electoral do Centro.

11.- A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.

A Coruña, 2 de novembro de 2022

O/A PRESIDENTE/A DA XUNTA ELECTORAL,

Asdo.: Alfonso Muñiz Plaza.

Eleccións ao Consello Escolar. Constitución da Xunta Electoral

De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (DOG do 30 de setembro de 2022), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR.

A organización e supervisión do procedemento de elección dos novos membros estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto.

Tedes toda a información neste documento.

Circular inicio de curso 2022/23

A través desta circular informativa dámosvos a benvida a este curso 2022/23.

Circular 1/2022 Avaliación

Circular 1/2022 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, para o curso 2021-2022.

 

Alumnado de 6ºEP: reserva de praza para 1º ESO

Estimadas familias:

Informamos de que con data 11 de xaneiro de 2022 se inicia o Procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 22/23.

É por iso que lles comunicamos que dende o 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro, ambos inclusive, poderán facer a reserva de praza para 1º da ESO no IES Sardiñeira, centro adscrito ao noso, presentando a solicitude do seguinte xeito:

- A través da Sede Electrónica da xunta (modo preferente de presentación).

- Presencialmente no noso centro.

O horario de atención ao público de administración é de 9:15 a 10:00 h e de 13:00 a 13:45 h, fóra deste horario deben pedir cita no 881960302.

Máis información en edu.xunta.gal/admisionalumnado

 

A dirección.

Circular inicio de curso 2021/22

A través da seguinte circular queremos darvos a benvida ao curso 2021/22 e informarvos de distintos aspectos.

Circular inicio de curso.

 

Titorías de inicio de curso 2021/22

*As titoras e titores poñeranse en contacto coas familias para organizar as quendas.

(PROVISIONAIS, segundo a publicación da orde do calendario escolar 21-22 e as posibles medidas COVID da Consellería para o vindeiro curso).

Titor/a cun grupo de máximo 6 familias por quenda. Só pode acceder un familiar por alumno/a, con mascarilla e sentando na mesa co nome do/a seu fillo/a. Non poden acceder nenos/as á reunión.

- 4º e 6º EDUCACIÓN INFANTIL: Venres 3 de setembro ás 10:15 horas nas titorías.

- 5º EDUCACIÓN INFANTIL: Venres 3 de setembro ás 11:45 horas nas titorías.

- 3º EDUCACIÓN PRIMARIA: Venres 3 de setembro ás 10:15 horas nas titorías.

- 4º EDUCACIÓN PRIMARIA: Venres 3 de setembro ás 11:45 horas nas titorías.

- 1º EDUCACIÓN PRIMARIA: Luns 6 de setembro ás 10:00 horas nas titorías.

- 2º EDUCACIÓN PRIMARIA: Luns 6 de setembro ás 11:30 horas nas titorías.

- 5º EDUCACIÓN PRIMARIA: Martes 7 de setembro ás 10:00 horas nas titorías.

- 6º EDUCACIÓN PRIMARIA: Martes 7 de setembro ás 12:00 horas nas titorías.

Segundo posibilidades e prevía organización, aproveitarase para repartir os libros do fondo solidario ao alumnado de 3º e 4º de educación primaria. Do mesmo xeito, poderanse repartir os ordenadores E-Dixgal de 5º se houberan sido subministrados ao centro pola Consellería

INICIO DO CURSO 2021-22. Orde do 19 de maio de 2021 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2021/22 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

A Coruña, 1 de setembro de 2021.

A dirección.

Titorías de principio de curso

TITORÍAS DE PRINCIPIO DE CURSO

(PROVISIONAIS, segundo a publicación da orde do calendario escolar 21-22 e as posibles medidas COVID da Consellería para o vindeiro curso).

SETEMBRO 2021:

  • 4º-5º-6º ED. INFANTIL: Venres 3 de setembro ás 10:00 horas nas titorías.
  • 3º-4º ED. PRIMARIA: Venres 3 de setembro ás 11:00 horas nas titorías.
  • 1º-2º PRIMARIA: Luns 6 de setembro ás 10:00 horas nas titorías.
  • 5º PRIMARIA: Martes 7 de setembro ás 10:00 horas nas titorías.
  • 6º PRIMARIA: Martes 7 de setembro ás 12:00 horas nas titorías.

Segundo posibilidades e previa organización, aproveitarase para repartir os libros do fondo solidario ao alumnado e 3º e 4º de educación primaria. Do mesmo xeito, poderanse repartir os ordenadores E-Dixgal de 5º e/o 6º se tiveran sido subministrados ao centro pola Consellería.

INICIO DO CURSO 2020-21

Orde do 19 de maio de 2021 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2021/22 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

A Coruña, 30 de xuño de 2021


A dirección

Atención ao público no mes de xullo

Infórmase de que o centro permanecerá pechado para a atención ao público a partir do día 9 de xullo.

Aqueles VALES de axuda de material ou de libros de texto que non se recolleran antes do 9 de xullo poderanse recoller a partir do 1 de setembro de 2021.

Calquera consulta que se queira realizar a partir desa data, deberá facerse por correo electrónico, e será solucionada na medida do posible.

Correo electrónico: ceip.wenceslao.corunha@edu.xunta.gal

A Coruña, 1 de xullo de 2021

A dirección

Publicacións cualificacións

O próximo martes, 22 de xuño, a partir das 14.00 h, faranse entrega dos boletíns de cualificacións finais de curso, ao mesmo tempo, poderase consultar a través da plataforma abalarMóbil.

O prazo de reclamación finalizará o 25 de xuño, ás 14.00 h.

Orde 2 de marzo de 2021.

 

A dirección

Distribuir contido


by Dr. Radut