Skip to Content

A COMPOSTAR!!

Os días 4 e 5 de marzo, o alumnado do curso de formación en Emprego, promovido pola Consellería de Innovación, Industria, Emprego e Consumo, "Monitorado de Huertas urbanas”, realizou a actividade "A compostar! ” cos alumnos de Infantil e Primaria.

O obxectivo da actividade é que os alumnos aprendan, dun xeito lúdico, o ciclo de materia orgánica vexetal: dende o desperdicio da froita do almorzo ata a obtención do compost, a través do valioso traballo de miñocas.

Primeiro houbo unha parte de exposición teórica apoiada por recursos didácticos (vídeos, historias) e despois unha parte práctica onde poderían tocar o compost e as miñocas de terra.

Despois da actividade, deixáronse pequenos carros na escola, feitos polo alumnos do curso "Monitorado de Huertas Urbanas", onde recoller os restos de almorzos con froita para ser levados despois ao composteiro do xardín escolar.

 

 



page | by Dr. Radut