Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Week of Febreiro 10, 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
10
11
Start: 11/02/2020 16:30

Ao longo do 1º trimestre as nenas e nenos de 4 e 5 anos realizaron os talleres de "Contos para emocionar", dentro do programa do Concello "A Coruña Educa", relacionado coa educación sexual para peques.

PROGRAMA EDUCATIVO

A educación afectiva, emocional e sexual das crianzas é fundamental por influír positivamente na calidade da vida, na adquisición de hábitos básicos de saúde, no benestar, na vivencia do pracer sexual, na consecución da felicidade e en último termo, na loita contra a violencia machista. Este programa educativo comprende unha serie de “Contos Dramatizados” e de actividades, cas que se traballa a construción da sexualidade e dos vínculos afectivos desde o respecto, a autoestima e a liberdade desde unha perspectiva de xénero.

CONTIDOS ,OBXECTIVOS

Este obradoiro consta de 5 sesións con 5 contidos diferentes traballados en 5 contos co cada un dos contidos:

  1. A construción da identidade de xénero. Estimular a aceptación e o respecto ás diferenzas entre as persoas. Facilitar que o grupo vaia descubrindo as diferentes identidades de xénero e que estas non están determinadas polos caracteres corporais, sexuais, psicolóxicos ou sociais, senón pola propia vivencia de sentirse nena ou neno.
  2. Os vínculos afectivos e as relacións coas outras persoas. Desenvolver a capacidade de identificar as calidades dos vínculos afectivos que abrangue o amor e a percepción subxectiva de sentirse queridas e queridos.
  3. As distintas orientacións sexuais e opcións de convivencia. Facilitar que o grupo interiorice como saudables as diferentes orientacións sexuais e os diferentes tipos de convivencia.
  4. Os roles de xénero. Explorar a actitude do grupo cara aos roles de xénero e promover a súa flexibilidade mediante a experimentación e o xogo.
  5. Os abusos sexuais. Previr os abusos sexuais na infancia Abordar con nenas e nenos o difícil tema do contacto físico non desexado, insistindo na posibilidade de dicir NON. 
Start: 11/02/2020 19:07

Aínda que os peques de 3 anos non participaron nos talleres do Concello, si que traballaron tema na igualdade na aula.

Concretamente a igualdade de xénero cobra moita importancia nestas idades temperás xa que é cando os rapaces toman conciencia da súa propia identidade e da dos demais. Tentamos que a linguaxe, os xogos e xoguetes, o tratamento cara aos nenos e nenas sexa non sexista educando en igualdade.

Tamén facemos moitas actividades de concienciación e aprendizaxe. 

Aquí podedes ver a secuencia desta actividade, na que os pequerrechos tiñan que elexir con que caixa de xoguetes querían xogar pero sen abrila. Cando o fixeron descubriron que os xoguetes que agochábanse dentro igual non eran o que eles esperaban vendo o seu exterior...

12
13
14
15
16
Distribuir contido


by Dr. Radut