DÍA DA TERRA 2020
Hoxe celebramos unha conmemoración moi especial e non queremos deixalo pasar sen máis.
A Terra segue sendo a Nosa Casa, agora que tan ben sabemos o que é estar na casa, e botamos de menos a marabillosa natureza, que tanto desexamos volver a disfrutar.
Para celebrar este día invitámosvos a volver a plantar…
Hai moitas posibilidades que temos cada día nas mans: laranxas, limóns, mandarinas, peras, mazás, pementos, tomates, cenorias…
Recordade que xa comezamos algún experimento nas clases que difícilmente poderemos lograr con éxito debido a falta de auga durante tantos días. Aquí deixámosvos algúns enlaces que vos dan ideas para cultivar na casa, de xeito moi sinxelo. ¡Ánimo!
Ainda que no cole non o conseguíramos podemos facer unha boa plantación entre todas as nosas casas.
Propoñémonos plantar sementes de froitas para conseguir as nosas propias árbores e sementes de verduras e hortalizas para cultivalas por nós mesmos e podelas comer.
Aquí van os enlaces:
XERMINA FROITAS E HORTALIZAS NA CASA:
SEMENTES DE LIMÓN:
NON IMAXINAS CÓMO CRECEN ESTOS VEXETAIS:
COMO REPLANTAR DISTINTOS VEXETAIS:
PODEDES BUSCAR ALGUNHAS PELIS PARA CELEBRAR O DIA DA TERRA:
¡Unha aperta para todos do Equipo da Natureza!