FUNCIONAMENTO
A biblioteca
O equipo da bilioteca pretende facer dela:
- Un lugar onde os membros da comunidade educativa (alumnos, pais e profesores) teñan ao seu alcance unha ampla diversidade de recursos.
- Un lugar de encontro e de comunicación que favoreza a autonomía e responsabilidade dos alumnos na súa propia aprendizaxe.
- Un lugar favorable á investigación, ao estudo e á lectura.
- Un lugar onde se forme aos alumnos no uso e busca das diversas fontes de información.
- Un lugar que fomente a lectura como medio de lecer e ocio.
- Un lugar aberto ao exterior, á cultura.
Horario
Préstamo: De luns a venres, durante os recreos.
Consulta e lectura: De martes a venres, de 16.00 a 18.00 horas.
Co titor, dentro do horario semanal correspondente.
Usuarios da biblioteca
Poden ser usuarios da biblioteca tódolos membros da comunidade educativa (pais, profesores e alumnos). Para poder realizar o préstamo, deberán presentar o carné da biblioteca.
Tódolos alumnos recibirán un carné ao inicio de curso en 6º de Educación Infantil que terá validez durante toda a Primaria. Ao finalizar cada curso escolar, recolleranse os carnés en tódolos cursos (para non extravialos) e devolveránse ao principio do seguinte curso escolar.
Servizos
Servizo de préstamo e consulta en sala
Os alumnos poden dispor dun libro en préstamo durante 15 días, prorrogables 15 días máis. O material multimedia pode levarse durante 4 días, non prorrogables e as revistas durante 7 días, non prorrogables. Só se pode levar un tipo de material.
O profesorado pode levar en préstamo 30 libros por aula durante un trimestre.
Os libros perdidos ou deteriorados indebidamente deberán ser repostos ou abonar o importe dos mesmos.
Información bibliográfica
Ademais das sesións adicadas á formación de usuarios de bibliotecas, calquer lector pode solicitar información bibliográfica ou consultar sobre o funcionamento e organización da biblioteca.
Hai un ordenador específico para a consulta do catálogo (OPAC) independentemente de que podia ser consultado a través de internet na zona de ordenadores.
Formación de usuarios e educación documental
Sesións, nas que baixan tódolos cursos acompañados polo titor.
Préstamo interbibliotecario
Durante períodos de tempo definidos, a biblioteca escolar encárgase de solicitar ás bibliotecas municipais e públicas lotes de libros que, por un interese puntual (conmemoracións, temas tratados no currículo nos que haxa pouca documentación, ...), poidan servir de axuda á comunidade educativa.
Guías de lectura
Tanto por Nadal coma no verán, elabóranse guías de lectura, que son repartidas a tódolos alumnos.
Asímesmo, con motivo de conmeracións ou temas que se traten (fomento de lectura), elabóranse guías útiles para desenvolver os traballos pertinentes.
Exposicións de libros e novidades
Actividades de fomento de lectura
O Equipo de Biblioteca propón actividades para todo o curso en torno a un tema de interese común para fomentar a lectura entre os alumnos do noso colexio.
Actividades de dinamización da biblioteca
Actividades que o Equipo de Biblioteca propón para o uso da biblioteca como centro dinamizador.
Espazos-Seccións
Zonas comúns a tódalas idades:
- Novidades
- Zona de empréstito
- Hemeroteca
- Multimedia
- Enfermería (para deixar os libros que estean deteriorados).
- Regalos (material para levar sen volta)
- Informática (ordenadores con conexión a Internet)
- OPAC (consulta do catálogo)
- Visionado de DVDs
- Pasatempos (pódense facer na sala ou levalos para casa, un só)
- Os nosos traballos (traballos realizados polos alumnos, non prestables)
Zona para os máis pequenos
- O mundo que me rodea
- Libros para ver
- Contos para contar
- Libros con música
- Libros con sorpresa
Zona vermella (alumnos de 6 a 9 anos)
- Saber e coñecer
- Libros de ficción
Zona verde (alumnos de 9 a 11 anos)
- Dicionarios e enciclopedias
- Información e consulta
- Libros de ficción
Zona SOS pais
Anexos da biblioteca
Bibliotecas de aula
Cada aula posúe unha pequena biblioteca dependente da biblioteca central con libros que poden irse variando ao longo do curso.
Lectura colectiva
Na Xefatura de Estudos e na Sala de mestres atópanse os libros de lectura colectiva clasificados por ciclos. Son utilizados a petición dos titores de cada grupo (25 títulos por aula).
Sección de adultos
Os libros de adultos están ubicados na Sala de Profesores e no Departamento de Orientación a disposición do profesorado que os solicite.