CEIP WFF

Rúa Wenceslao Fernández Flórez, 16, 15660 Cambre.

Edudixital

Anuncios

INFORMACIÓN IMPORTANTE

 

A Consellería de Educación trasladounos información, que o Equipo Directivo do colexio quere poñer en coñecemento das familias:

 

  • Haberá boletín de cualificacións da 2ª avaliación, na que utilizaremos todo o material de seguimento e observación do alumnado ata o 13 de marzo.

  • A publicación das notas desta 2ª avaliación será o venres 3 de abril, a través de Abalar Móbil (tedes que descargala)

  • A ampliación do estado de alarma significa que, polo menos, ata o 13 de abril seguirá sen haber clase.

  • O profesorado continuará enviando e planificando tarefas para o alumnado.

  • Este curso NON se realizará a proba de avaliación diagnóstica en 3ºEP nin en 6ºEP.

  • Información Axudas comedor: Preme aquí

                                                                                 Publicado no DOG

 

Para finalizar, queremos agradecer ao alumnado, familias, profesorado a colaboración e o esforzo común para manter a actividade lectiva neste escenario excepcional, do que desexamos tod@s saír canto antes. Moito ánimo!

 

 

 

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE DENDE A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN: MEDIDAS A ADOPTAR NOS CENTROS EDUCATIVOS

A Consellería de Educación publicou o 22 de marzo no portal educativo as últimas instrucións referidas as medidas que teñen que adoptar os centros educativos en Galicia.

PREMER AQUÍ

INSTRUCIÓNS PERANTE O ESTADO DE ALARMA

O equipo directivo do CEIP Wenceslao Fernández Flórez de Cambre atenderá as consultas de 10:00 a 13:00 horas no teléfono: 881 880 320 ou no correo electrónico: ceip.wenceslao@edu.xunta.es SeladoSeladoSelado

Vacacións de Semana Santa

As vacacións serán dende o 16 ata o 25 de abril

Distribuir contido