Documentos

EXPURGO E RECOLOCACIÓN DE LIBROS

 No primeiro trimestre do curso 12/13 a biblioteca necesita estar pechada para realizar o expurgo e recolocación de libros.

Revista escolar curso 2010/11

Aqui podes consultar os traballos realizados polas alumnas e alumnos do noso centro durante o curso 2010/11.

Pasaportes de lectura

Cada curso escolar dispoñemos dun pasaporte de lectura que cada alumno/a debe ir cumprimentando cos libros que vai lendo. O esforzo lector resultará premiado ao remate do ano académico.

En arquivo adxunto podes atopar o modelo que precisas e imprimilo: todos teñen a mesma portada pero distinto nº de cuadrículas, dependendo do curso.

ACCEDE Á BIBLIOTECA DESDE A TÚA CASA: páxina web das bibliotecas escolares


 A nosa biblioteca está integrada na rede de bibliotecas da consellería de cultura. Entra na páxina web www.opacmeiga.rbgalicia.org (bibliotecas de centros de ensino -  Santiago - CEIP de Vite I)  

 

Desde a túa casa , desde calquera parte, nesta páxina poderás atopar moitísima información:

“A túa biblioteca”:

·       permite consultar os libros e outros fondos da nosa biblioteca que están catalogados.

·       Permite buscar información na prensa: lado esquerdo “novas e anuncios”; abaixo de todo “kiosco”

“Buscar información”:

  • Buscar libros na biblioteca, sin estar físicamente nela: escribir o título, autor, etc. e buscar.
  • Despois pódese redactar a opinión sobre un libro que temos lido e rexistrar esa opinión ou consultar as opinión que haxa sobre outro libro que nos interese.

“Buscar na web”:

  • Biblioteca virtual galega: permite ler textos íntegros ou parciais, algúns con música. 
  • Webs recomendadas 
  • Buscadores web para nenos/as 

“Xestións en liña”:

  • “Reservas de exemplares”

“Usuarios Meiga”:

  • “Opinións lectores”: permite ver os libros sobre os que outros usuarios mandan as opinións. 

 

Powered by Drupal - Design by artinet