Novas

Cuestionario sobre Convivencia Escolar

Estimadas familias:

No marco de mellora da convivencia escolar que promove o Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, a Consellería ten a ben facilitarnos unha serie de códigos cos que poderedes entrar online a facer un Cuestionario sobre a Convivencia Escolar.

A recollida de datos faise mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo. Na información en papel que vos mandaremos van unhas pequenas instrucións, a dirección web á que tedes que acceder e os códigos de entrada (sen os cales non se pode facer o cuestionario).
 
As familias que desexen participar teñen que cubrir un único cuestionario, o de FAMILIAS. Tamén cubrirá un cuestionario o alumnado de 5º e 6º de Primaria, o de ALUMNADO.
O prazo para cubrir o cuestionario remata o día 30 de novembro.
Calquera consulta ou dúbida que teñades, eiquí estamos.
 
ACTUALIZACIÓN 1: Hoxe, venres 13, foron entregados os códigos de 5º e de 6º, tanto de alumnado como de familia... seguide ben as instrucións!
 
ACTUALIZACIÓN 2: O luns 16 foron entregados os códigos de 4º, 3º, e 2º!
 
ACTUALIZACIÓN 3: Hoxe, mércores 18 foron entregados os códigos de Infantil e dos 1ºs. Lembrade: día tope 30 de novembro!
 
 

Samaín 2

Estas foron as actividades propostas polo equipo de Dinamización para a semana do Medo: pouco a pouco iremos colgando fotos e outras cousas para que vexades!

Lembrade que dentro destas actividades NON hai nada nin programado nin referido a vir disfrazados, así que solicitamos que NON o fagades mañán!

 

 

Aproveitamos para lembrarvos que os días venres 30 de Outubro e luns 2 de Novembro son NON LECTIVOS.

Actividades Extraescolares (ANPA)

Material principio de curso para 2º

Aí vai o material que vos pide a profe de 2º.

 

Un saúdo

Material principio de curso para 1º

Sabendo xa que o grupo de primeiro de primaria será desdobrado en 1ºA e 1ºB, as titoras (Pili e Sandra) procederon a publicar o material que precisará o alumnado este curso

 

Un saúdo.

Material principio de curso

Ante as dúbidas que expresáchedes sobre o material de inicio de curso informamos que a vindeira semana todos os niveis terán un listado completo deste. Coma sempre podedes ir traendo o típico estoxo de superheroes ou a mochila do equipo de baloncesto co material clásico: lapis, goma, afiador, ceras... Todo o demais, como carpetas, portafolios, libretas será solicitado a vindeira semana.

 

Gracias pola vosa paciencia. Vémonos o luns.

Comezamos o curso con algunha nova interesante

Dámosvos a benvida ao CEIP de Vite no seu curso 2015-16.

Comezamos cun par de novas: unha é a orde pola que se poden solicitar axudas de material didáctico para este curso (LIGAZÓN) e outra é unha resolución pola que se poden obter axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (LIGAZÓN).

Comprobade ben os prazos de solicitude e, se tedes que presentar algún documento no cole, esixide un resgardo conforme entregades documentación.

 

O Equipo Directivo

Información de Contacto

Informamos de que o centro continuará aberto até o 31 de xullo, pero que as xestións e comunicacións urxentes se atenderán previa comunicación vía telefónica ou, preferentemente, email (os tedes nos nosos datos). Tamén podedes deixar recado en conserxería.

 

Moitas grazas.

 

 

 

A Dirección

Manuel María: Letras Galegas 2016

O 17 de Maio do ano 2016 será a grande celebración dun autor galego de sobras coñecido, Manuel María

 Dende o noso cole e, na medida das nosas posibilidades, tentaremos facer honra do escritor de versos tan fermosos coma:

 

"Galicia docemente
está ollando o mar:
ten vales e montañas
e terras pra labrar! 

Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos
cargados de traballos,
cargados de trafegos!


Galicia é unha nai
velliña, soñadora:
na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!

Galicia é o que vemos:
a terra, o mar, o vento…
Pero hai outra Galicia
que vai no sentimento!

Galicia somos nós:
a xente e mais a fala.
Se buscas a Galicia
en ti tes que atopala!"

Powered by Drupal - Design by artinet