Novas

Material para Primaria curso 2016-17

Ligamos os libros de texto para Primaria curso 2016-17

 

Libros de Texto Primaria

CONFIRMAMOS: NON collades o libro de Música.

Poliños Vitenses!

 

 

Asomade un ollo eiquí!

 

A vida abrindo camiño

 

Máis imaxes na nosa páxina de facebook.

Conciliación VERÁN 2016

PROGRAMA MUNICIPAL DE CONCILIACIÓN PARA O "VERÁN 2016"

 

 

PROCESO DE INSCRICIÓN E MATRICULACIÓN

Do 16 ao 31 de maio de 2016

 

 

O Departamento de Educación e Cidadanía  do concello de Santiago desenvolve un programa de conciliación laboral e familiar no período das vacacións do verán 2016 (xuño, xullo e setembro). Este programa comprende un conxunto de actividades, a desenvolver en instalacións do CEIP das Fontiñas e do CEIP Raíña Fabiola, destinadas á poboación escolarizada en educación Infantil e Primaria do municipio de Santiago.

 

Este programa concíbese como un espazo deportivo e educativo, de promoción do ocio e o tempo de lecer, ademais dun apoio e recurso para as familias no tempo de vacacións.

 

CARACTERÍSTICA DO PROGRAMA

 

Destinatarios: nenos e nenas que cursen estudos en centros de educación infantil e primaria de Santiago de Compostela, con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.

 

Datas de realización: O programa desenvolverase durante o período de vacacións escolares de verán: mes de xuño, xullo e setembro: mes de xuño (días 23, 27, 28, 29, e 30 de xuño de 2016), mes de xullo (agás sábados, domingos e festivos) e setembro (días 1, 2, 5, 6, 7, 8 e 9 de 2016).

 

Xuño. 5 días ou días soltos.

Xullo: mes completo; quincena ou días soltos;

Setembro: 7 días ou días soltos.

Xuño e xullo, completos: 25 días.

Xuño, xullo e setembro, completos: 32 días.

Xuño e setembro: 12 días.

Xuño e 1ª Quincena de xullo, completos: 16 días

Xuño e 2ª Quincena de xullo, completos: 14 días

1ª Quincena de xullo e setembro, completos: 18 días.

2ª Quincena de xullo e setembro, completos: 16 días.

Xuño, 1ª Quincena de xullo e setembro, completos: 23 días

Xuño, 2ª Quincena de xullo e setembro, completos: 21días

 

O horario do campamento de verán  será de 9 a 14 horas; ofrécese a posibilidade de que as familias podan solicitar ademais un servizo de madrugadores con almorzo (de 7:45 a 9:00 horas) e un servizo de comedor (de 14:00 a 16:00 horas).

 

MATRICULACIÓN NO PROGRAMA

 

·   Abrirase un prazo de inscrición e matrícula entre o 16 e o 31 de maio  2016 (ambos os dous incluídos).

 

·                     Os solicitantes terán que cubrir a folla de matrícula e entregala no Rexistro Xeral do Concello de Santiago (Rúa Presidente Salvador Allende, 4) ou no rexistro auxiliar do Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal o Ensanche (Rúa de Frei Rosendo Salvado 14 - 16). Xunto co impreso de inscrición deberán achegar o xustificante de pagamento na conta bancaria municipal en ABANCA ES89 – 2080 – 0388 – 2031 – 1000 - 2662. Deberán indicar no momento de facer o ingreso: Nome e apelidos do neno/a solicitante, da persoa que realiza o pagamento e da modalidade escollida.

 

 

 

MÁIS INFORMACIÓN: 

 CONCELLO DE SANTIAGO - DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Teléfonos 981 554 400 401  Fax: 981 571 511

dptoeducacion@santiagodecompostela.gal

www.santiagodecompostela.gal

Procesos Vitais

Dentro dos seres vivos temos uns amiguiños que son descendentes directos (coma outros moitos) dos dinosauros: as aves. Con eles comparten esa modalidade de reproducción común aos ovíparos. É un xeito de fecundación curioso para nós os vivíparos, xa que estes animais medran dentro dun ovo fóra do ventre das súas mamás, e precisan que os choquen.

Nós, pola nosa intelixencia, fumos quen de crear unhas máquinas chamadas incubadoras. Nelas podemos manter vivos a animais recén nacidos, e tamén substituír ás nais e pais dos animais ovíparos, que son os que deberían chocar os ovos.

 

Durante todo o periodo de xestación teremos a nosa propia incubadora de pitiños de raza de Mos (grazas á ANPA de Vite pola idea e o contacto, e grazas a Diego e Nuria, da Asociación AVIMÓS), e poderemos observar todo o proceso. 

Listaxes definitivas de alumnado admitido para o curso 2016-17

Nos anexos podedes ver as listaxes xa definitivas.

 

Agora tan só queda a formalización da matrícula, do 20 ao 30 de xuño. 

 

De novo, benvidos a Vite!

 

 

Reunións 3º Trimestre

Estimadas familias:

As reunións informativas conxuntas para o 3º trimestre son as seguintes:

 

MARTES 12 de abril: 16:30 – 4º, 5º e 6º de Infantil e 3º de Educación Primaria

 

MARTES 19 de abril: 16:30 - 1º e 4º de Primaria / 17:30 - 2º, 5º e 6º de Primaria

Admitidos para o curso 2016-17: Listaxe Provisional

Nos arquivos engadidos tedes acceso ás listaxes de alumnado admitido tanto en 4º de Infantil (3 anos) coma noutros cursos nos que houbo solicitudes.

Estas listas son provisionais e había que publicalas antes do 25 de Abril; nós facémolo hoxe porque non houbo que facer ningún tipo de baremación. Dende a publicación das mesmas tedes 5 días para calquera tipo de reclamación.

 

PS: Enviamos un mail a varios solicitantes con esta ligazón; desculpade que foi en aberto :-(

Coñecer Galicia I

Parte do traballo sobre o Proxecto Coñecer Galicia que estamos levando a cabo

(Exposición na entrada do cole)

 

 

 

 

Conciliación en Semana Santa 2016

PROGRAMA MUNICIPAL DE CONCILIACIÓN NOS CEIP AS FONTIÑAS E RAÍÑA FABIOLA

Dende o 5 de Marzo está aberto o prazo de inscrición no programa de conciliación familiar de Semana Santa, organizado polo Departamento de Educación e Cidadanía.

Este programa concíbese como un espazo educativo e de promoción do lecer, ademais de ser unha alternativa de conciliación para as familias no tempo de vacacións da Semana Santa. Está dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. As actividades desenvolveranse os días 21,22, 23 e 28 de marzo nos CEIP Fontiñas e CEIP Raíña Fabiola, de alcanzarse o número mínimo de participantes requirido.

Poden participar nenos e nenas empadroados no Concello de Santiago ou que cursen estudos en centros de educación infantil e primaria, entre o 2º ciclo de Educación Infantil e o 3º ciclo de Educación Primaria de Santiago. Teñen a opción de escoller entre participar todos os días do programa ou en días soltos.

A inscrición realizarase a través do Rexistro Xeral do Concello de Santiago (rúa Presidente Salvador Allende, 4) ou no Rexistro Auxiliar do Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal o Ensanche (rúa de Frei Rosendo Salvado 14-16), cubrindo o formulario dispoñible nesta web, no Departamento de Educación, nos propios rexistros. A admisión será por rigorosa orde de inscrición.

O horario será de 7:45 a 16:00 horas. O servizo de madrugadores funcionará de 7:45 a 9:00 horas e poderá ser con ou sen almorzo. De 9:00 a 14:00 horas realizaranse os obradoiros e actividades. Finalmente, entre as 14:00 e as 16:00 horas, existe a posibilidade de que os rapaces fagan uso do servizo de comedor.

OBRADOIROS NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS DE CONXO, AS FONTIÑAS E MEIXONFRÍO-SALGUEIRIÑOS

Ademais, durante as vacacións escolares de Semana Santa as escolas infantís de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños ofrecen ás familias, con nenos e nenas entre os 3 e os 8 anos e empadroados en Santiago de Compostela,  un servizo complementario de Obradoiros.


Achéganse 4 documentos de inscrición (abaixo á dereita da nova, en "4 adxuntos")

Máis información:

DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Tfno.: 981 554 400 

dptoeducacion@santiagodecompostela.org    

www.santiagodecompostela.org

Powered by Drupal - Design by artinet