Novas

Conciliación de Nadal

Benqueridas familias:

 

Rebotamos a información remitida polo concello de Santiago sobre conciliación durante o Nadal.

Becas MECD

Lembramos a ligazón para solicitar becas para alumnado NEAE:

 

 

 

https://www.mecd.gob.es/mecd/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/general/educacion/050140/ficha.html

 


Prazo até o 28 de setembro!

Campamentos de Verán da Diputación

Pasamos información para os campamentos de verán 2017.

 

 

Reunións trimestrais restantes

Estimadas familias:

A reunión xeral correspondente ao 3º trimestre para os grupos de 2ºB e 3º de Primaria será o MARTES 6 de Xuño ás 16:30 nas aulas propias de cada titoría.

A reunión de 6º de Infantil será o MARTES 13 de Xuño ás 16:30 na aula da titora.

Axudas do Concello para o comedor, material escolar e actividades extraescolares.

Ligamos o Boletín Oficial de Provincia onde se publica a convocatoria de axudas para o curso que vén.

 Anuncio

 Nota de Prensa

Bases para participar

 

 

Nota Aclaratoria: Fondo de Libros e Axudas de Libros e Material

Aí van varios puntos importantes:

 

  • Prazo: do 23 de Maio ao 23 de Xuño.

 

  • Alumnado ao que afecta:
    • Fondo solidario: para 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e 1º, 2º, 3º, e 4º de Secundaria
    • Axudas para Libros de Texto: 1º e 2º de Primaria
    • Axudas para Material Escolar: toda Primaria e Secundaria

 

  • Solicitudes:
    • Están na Orde, ou tedes modelos na mesa na entrada do colexio.
    • Entrégase unha única solicitude para todos os fillos SEMPRE que estean matriculados no mesmo centro no curso 2017-18.
    • Se hai fillos que están no colexio e outros pasan para o instituto ENTÓN haberá que entregar unha solicitude no CEIP e outra distinta no IES.
    • O mesmo caso se os fillos están en dous CEIPs diferentes.
    • Autorizando  a revisión de DATOS na solicitude tan só haberá que entregar, a maiores (artigo 13 de Orde), copia do Libro de Familia. 
    • Hai outros documentos xustificativos que poderedes entregar (ou autorizar para a súa comprobación) nos artigos 12 e 13.
    • Aínda que o prazo remata o 23 de Xuño canto antes entreguedes, mellor.
    • Todos os beneficiarios de material do Fondo ou das Axudas de Libros do curso 2016-17 deberedes devolvelo antes do 23 de Xuño ao centro para a súa incorporación ao Fondo Solidario do 2017-18.

Conciliación: Escolas de Verán 2017

Escolas de verán 2017. Programa municipal de conciliación

Inscrición do 15 ao 29 de maio 
 

Este programa concíbese como un espazo educativo, de promoción do ocio e do tempo de lecer, ademais dun apoio e recurso para facilitar a conciliación laboral, familiar e persoal das familias no tempo de vacacións, que se desenvolverán en instalacións dos CEIP As Fontiñas e Raíña Fabiola.


Os destinarios son nenos e nenas escolarizados en centros de educación Infantil e Primaria do municipio de Santiago.

As quendas son as seguintes:

 

1ª Do 26 de xuño ao 30 de xuño de 2017 (5 días)

2ª Do 3 ao 7 de xullo de 2017 (5 días)

3ª Do 10 ao 14 de xullo de 2017 (5 días)

4ª Do 17 ao 21 de xullo de 2017 (5 días)

4ª Días 24, 26, 27, 28 e 31 de xullo de 2017 (5 días)

5º Días 1, 4, 5, 6, 7 e 8 de setembro de 2017 (6 días).

 

As familias poderán escoller quendas ou días soltos.

 

Horarios e servizos:

 

Servizo de almorzo: De 7,45 ás 16,00 h.

Obradoiros e actividades: de 9 a 14 horas.

Servizo de xantar: de 14 a 16 horas.

 

Máis información:

 

Tel: 981 55 44 00 -01   Fax: 981 57 15 11 

dptoeducacion@santiagodecompostela.gal    www.santiagodecompostela.gal <http://www.santiagodecompostela.gal/
 

Prazos de inscrición e matrícula:

Do 15 de maio ao 29 de maio de 2017

 

Ficha de inscrición e matrícula:

Descargar en www.santiagodecompostela.gal <http://www.santiagodecompostela.gal/

 

Inscricións: 

Entregar a ficha de inscrición no Rexistro xeral ou auxiliar do concello de Santiago.

Admisión Definitiva

Procedemos a publicar a Admisión Definitiva de Alumnado.

 

Lembrámosvos que podedes consultar os seguintes pasos nesta LIGAZÓN.

Reunións Trimestrais

Estimadas familias:

As reunións trimestrais de titoría serán:

Martes 2 de Maio: 16:30 (4º e 5º de Infantil e 2ºA Primaria) / 17:30 (4º e 5º de Primaria)

Martes 9 de Maio 16:30 (1º Primaria) / 17:30 (6º de Primaria)

Os grupos de 6º de Infantil,  2ºB e 3º de Primaria terán a reunión máis adiante por decisión das titoras.

 

Grazas e un saúdo.

Depósito de Aceite Usado

Informamos a nosa Comunidade Educativa que tedes ao voso dispor un depósito para o vertedura de aceite usado. Pregamos o usedes con responsabilidade. 

 

Powered by Drupal - Design by artinet