Novas

A nenez

Todas as persoas maiores foron algunha vez nenos, aínda que moitas non o lembren

Antoine de Saint-Exupéry

 

Procuremos non xulgar tan duramente a certos nenos e nenas; procuremos pensar que, entre todos, podemos reforzar e incidir no positivo. Pois teñen dereito a ser formados e educados, non a ser estigmatizados por erros que poidan cometer. Sexamos duros, sexamos estritos, sexamos disciplinados. 

 

Pero non sexamos xuíces. Nin de nenos nin de familias. Porque ningún de nós sabe a fin de todos os camiños. 

 

Paciencia e traballo, e confianza nos profesionais que forman aos vosos fillos e fillas. 

Grazas.

O director.

Samaín

Xa foron chegando as primeiras cabazas do Samaín!

Programación Xeral Anual 2018/19

Esta é a PXA aprobada polo Consello Escolar do centro e modificada lixeiramente por recomendación da Inspección Educativa.

 Foi modificada nalgúns aspectos técnicos por recomendación da Inspección Educativa, e en varias ocasións por cambios de estilo.

Eleccións ao Consello Escolar: 2ª Reunión da Xunta Electoral

Segunda Acta da Xunta Electoral

 

En Santiago, sendo as 11:00 do día 14 de Novembro do 2018 reúnense no CEIP de Vite I desta localidade as persoas abaixo relacionadas, nomeadas en virtude do artigo 30 do Decreto 92/1988 do 28 de Abril, segundo a nova redacción do Decreto 374/1996 do 26 de Xullo que regula a constitución da Xunta Electoral responsable da organización e supervisión do procedemento de elección dos membros do Consello Escolar, con obxecto de tratar so seguintes asuntos:

 

1º. Proclámanse, segundo as solicitudes chegadas, no tempo regulamentado, os seguintes candidatos:

 

Sector de pais/nais:

Dona Begoña Nieto Barreiro 

Don David Serrano Amarelle 

 

Sector de mestres/as: 

Dona Mª Rita Coira Durán 

Dona Carmen Iglesias Cajade

Dona Teresa Márquez Fernández

Dona Ángeles Vázquez Guerra

 

En canto á praza asignada á ANPA maioritaria do centro, a ANPA Burgo das Nacións nomeou por medio de escrito formal  a Dona Mª José Gigirey Suárez.

Para a praza asignada ao Concello de Santiago mantívose o posto de Don Xan Xesús Duro Fernández.

 

2º Fíxase a data da próxima reunión para o día posterior ao das votacións para atender as resolucións das reclamacións presentadas no intervalo establecido. De non existir reclamacións ou non ser consideradas conformes pola Xunta Electoral, quedarán proclamados  candidatos definitivos.

 

3º. Celébrase o sorteo público para elixir os membros da mesa electoral dentro do sector  Familias de alumnado  e saen os seguintes compoñentes e, por conciliación, a Xunta decide que calquera dos titores legais dunha mesma familia poderá aceptar ser membro da mesa. Marcamos o número de censo para sinalar quen é verdadeiramente o seleccionado:

 

TITULARES     SUPLENTES
1. (272) Familia Sola Ferreiro 1. (296) Familia Vega Echevarría 
2. (161) Familia Prieto Maceira 2. (95) Familia Castro García 
3. (286) Familia Trenco García 3. (122) Familia Heredia López
4. (157) Familia Conde López 4. (81) Familia Fraga González

 

 

4º  Establécese o modelo de papeleta da votación, que se anexa a esta acta.

 

5º Ratifícase o horario de votación de 16h a 19h o martes 27 de novembro de 2018.

 

Nova directiva na ANPA

A ANPA vén de mudar a súa directiva baixo o seu acordo de ciclos bienais para os cargos. Presentamos á nova directiva:

 

Presidenta: María José Gigirey Suárez

Vicepresidenta: Eva Vale Baltar

Secretario: José Luis Soto Campos

Tesoureira: Inés Romero Antelo

Vogal: María Eugenia Maceira Pampín

Vogal: Begoña Nieto Barreiro

Vogal: Raquel Bernárdez Rodal  

 

Ánimo a todos!

Eleccións ao Consello Escolar #3: 1ª reunión Xunta Electoral

 En Santiago, sendo as 11:00 do día 6 de Novembro do 2018 reúnense no CEIP de Vite I desta localidade as persoas abaixo relacionadas, nomeadas en virtude do artigo 30 do Decreto 92/1988 do 28 de Abril, segundo a nova redacción do Decreto 374/1996 do 26 de Xullo que regula a constitución da Xunta Electoral responsable da organización e supervisión do procedemento de elección dos membros do Consello Escolar, con obxecto de tratar so seguintes asuntos:

 

PRIMEIRO: O director do centro e presidente da Xunta Electoral, Pablo Fernández Otero, dá lectura dos artigos 30 e seguintes do Decreto 92/1988, explicando a súa importancia.

 

SEGUNDO: En virtude das disposicións antes citadas, procédese á cosntitución da Xunta Electoral do Centro, quedando formada do seguinte xeito

 

  • Presidente: Pablo Fernández Otero (Director)
  • Vogal (docentes): Mª Rita Coira Durán
  • Vogal (familias):  Ana Belén León León (ausente por imprevisto)
  • Vogal (admon/servizos): Marisa Leonor Rodríguez

 

TERCEIRO: A Xunta Electoral, unha vez constituída e de acordo coa lexislación vixente, procede a aprobar a publicación das convocatorias dos distintos sectores de representación, así como a publicación dos seus correspondentes censos electorais e establece o seguinte calendario electoral:

 

Ø 

Martes 6 de novembro

·        

Publicación vía taboleiro de anuncios e no portal web do centro das convocatorias de eleccións aos distintos sectores educativos.

·        

Publicación dos Censos de electores no taboleiro de anuncios interior do centro.

·        

Envío de escritos á ANPA e ao Concello solicitando representantes.

 

Ø 

Do 6 novembro ao 13 de Novembro

·        

Prazo de presentación de candidaturas por medio de solicitude escrita e asinada entregada/remitida ao centro.

·        

Prazo de reclamacións ao censo electoral.

 

Ø 

Mércores 14 de Novembro

·        

2ª Reunión

§ 

Admisión e proclamación das candidaturas

§ 

Aprobación dos censos electorais e modelo das papeletas

§ 

Sorteo público para a designación das mesas electorais

 

Ø 

Martes 27 de Novembro

·        

Votacións dos distintos sectores

§ 

Docentes: 12:00-12:30

§ 

Titores Legais: 16:00-19:00

 

Ø 

Mércores 28 de Novembro

·        

Proclamación dos candidatos electos

·        

Traslado ao Xefe Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria das copias das actas das votacións efectuadas.

 

 

Eleccións ao Consello Escolar

Benquerida Comunidade Educativa,

 

Neste final de 2018 toca a renovación parcial do Consello Escolar do centro, observando as normas da Resolución do 25 de setembro do 2018.

Como sabedes son renovacións parciais, polo que as 2 mestras e os 2 representantes das familias que entraron no 2014 rematan mandato, e deberemos facer o trámite para substituílos (ou reelixilos).

O luns 29 de outubro publicaremos a data e lugar onde faremos o sorteo público para elexir aos membros da Xunta Electoral (encargada de velar polo bo funcionamento do proceso), que estará formada por un presidente que será o director do centro, un membro do claustro, un membro das familias e un membro do persoal de servizos, cos seus correspondentes suplentes.

Porteriormente (os primeiros días de novembro) reunirase a Xunta Electoral e comezará a admisión de candidaturas. A mediados de mes sairá a resolución de admisión das candidaturas, a constitución das mesas electorais para, finalmente, realizar as votacións a última semana do mes de novembro. Aqueles candidatos que sexan electos terán un mandato de 4 anos.

Nos primeiros días de decembro estará renovado o Consello Escolar e se fará a primeira reunión ordinara.

Sen máis, estade atentos ás diferentes convocatorias vía mail e ás informacións que colguemos no taboleiro de novas do centro.

 

-O Director

Reunións Trimestrais

Benqueridas familias.

As reunións grupais titora-familias correspondentes ao 3º Trimestre serán nas seguintes datas:

4ºINF - 5 de XUÑO ás 16:30h
5ºINF - 17 de ABRIL ás 16:30h
6ºINF - 17 de ABRIL ás 16:30h

1º PRM - 24 de ABRIL ás 16:30h
2º PRM - 24 de ABRIL ás 17:30h

3º PRM - 8 de MAIO ás 16:30h
4º PRM - 24 de ABRIL ás 16:30h

5º PRM - 24 de ABRIL ás 16:30h
6º PRM - 24 de ABRIL ás 17:30h

Nota informativa

Benqueridas familias.

Hoxe queremos facer notar a importancia das recomendacións médicas. 

É normal que en certas épocas os membros da comunidade educativa se vexan atacados por doenzas varias, moitas delas provocadas por virus. Estes virus teñen unha incidencia e duración variable, sobre todo dependendo do doente: nalgúns teñen máis perigo que noutros.

De todos é ben sabido que contamos con alumnado en Alerta Escolar, alumnado que polas súas características é máis sensible a verse afectado por estas patoloxías. 
Por isto nos vemos na obriga de pregarvos que, no caso de que haxa síntomas víricos no alumnado, tomedes as debidas medidas (médico de cabeceira, medicinas, debido repouso e recuperación na casa), porque, de asistir ao centro en condicións de infección vírica, estamos poñendo en risco a outras persoas.

Isto é un exercicio de civismo, respecto e sentido común. 

Moitas grazas.

Folga 8 de Marzo (III)

Benquerida comunidade educativa.

Dada a folga e os paros convocados por varios sindicatos para este xoves 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, informamos:

1-O centro abrirá de xeito normal no seu horario habitual. O transporte e o comedor están garantidos. 

2-Os servizos mínimos do persoal docente e non docente serán: director e 1 coidadora. 

3-Haberá agrupamentos flexibles dependendo do persoal que non secunde a folga e do alumnado que veña ao centro.

4-Non se garante o normal funcionamento do centro, polo que o día non será de clase ordinaria.

Grazas.

 

Powered by Drupal - Design by artinet