Novas

Transporte Escolar 18/19

Colgamos listaxe PROVISIONAL de transporte escolar 2018/19.

 

Pregamos informedes se detectades algún erro por medio do correo electrónico ou chamando polas mañáns ao centro.

Grazas.

 

LIGAZÓN

Listaxe Definitiva de Fondo Libros

Procedemos a publicar a listaxe definitiva de Fondo de Libros

 

LISTAXE

 

Nestes días estamos entregando tanto os vales de axudas de material como de libros. Os libros do Fondo quedarán para ser recollidos en setembro.

Listaxe provisional de admitidos e excluídos no Fondo de Libros e Material Escolar

Procedemos a publicar as listaxes de admitidos e excluídos Fondo de Libros de 3º, 4º, 5º, e 6º de Primaria  e Axudas de libros e material escolar para o curso 2018/19.

 

ADMITIDOS

EXCLUÍDOS

 

Axudas de material escolar e axudas de libros para todo o centro

(Para calquera dúbida informádevos no colexio)

A partires de agora hai 2 días para reclamacións (xoves e venres) e a semana que vén publicaremos a listaxe definitiva.

CHEQUES: Podedes pasar a recollelos até o venres 13 en horario de 10 a 13:30h Non pasa nada se non os recolledes agora, quedan para Setembro. 

Admisión Definitiva 2018/19

A admisión definitiva, tal e coma comentamos día atrás, deu como resultado a admisión de todos os solicitantes. Engadimos as listas definitivas nas ligazóns seguintes abaixo listadas.

 

INFANTIL

PRIMARIA

 

O proceso continuará a partires do 20 de Xuño para a formalización de matrícula.

Matrícula 2018/19: Datos Definitivos a 22 de Marzo.

Dende o vindeiro 1 até o 20 de Marzo quedará aberto o prazo de SOLICITUDE DE PRAZA no CEIP de Vite.

As vacantes neste momento son as seguintes:

Curso Vacantes Solicitudes Presentadas
4º INF 25 24
5º INF 7 1
6º INF 8** 1
1º PRIM 2 0
2º PRIM 0 0
3º PRIM 4 1
4º PRIM 19 0
5º PRIM 2* 0
6º PRIM 1 0

 *Modificación de 3 a 2 prazas debido a matriculación extraordinaria

**Modificación de 9 a 8 prazas debido a matriculación extraordinaria

O documento que debedes entregar é ESTE (hai copias na conserxería do centro), e a normativa aplicable é a seguinte: Orde do 12 de Marzo do 2013 e Orde do 25 de Xaneiro do 2017 (que modifica á Orde do 12 de Marzo).

O horario de recollida será de 10 a 14h todos os días, e os martes de 16:30 a 18:30h. 

Para calquera consulta non dubidedes en contactar connosco por medio do teléfono ou do correo electrónico.

PS1: Letras para desempate: ligazón

PS2: Documento de Zonas de Influencia

PS3: Información importante (colgada no taboleiro de novas interior)

PS4: Lembrade que o criterio do centro (+1 no baremo), aprobado en Consello Escolar e aceptado pola Xefatura Territorial é "que os tres primeiros centros que se soliciten sexan de titularidade pública"

Reserva de Praza (Familias de 6º de Primaria)

Familias de 6º de Primaria:

En virtude do artigo 10 da Orde do 12 de Marzo do 2013 (modificada partcialmente pola Orde do 25 de Xaneiro do 2017), dende hoxe día 1 até o 15 de Febreiro ábrese o prazo para reservar praza no IES Xelmírez II. 

Todos aqueles interesados en continuar a súa educación obrigatoria no noso IES de adscrición deberán formalizar o documento de reserva e entregalo no centro. Isto implica asegurar a praza no Xelmírez. Non facelo implica a renuncia expresa á reserva, entrando a partires de Marzo no proceso de solicitude de praza, que poderá ser en calquera IES.

Para posibles consultas, contactade connosco.


PS: Eiquí tedes o documento a mellor resolución: ligazón

Prazas para mobilidade reducida

Por acordo no Consello Escolar do pasado 21 de Novembro, as prazas para usuarios de mobilidade reducida aumentan a 2 e se sitúan, para poder facer un uso máis cómodo das mesmas, no inicio da zona estreita do aparcamento. O resto desta zona é de uso exclusivo do persoal do centro, especialmente polas mañás e os martes pola tarde.

Pregamos que só as ocupen os usuarios con distintivo ou familias con alumnado NEE no centro, e que non sexan bloqueadas ou ocupadas por outros usuarios. 

Novas con respecto a saídas, transporte e comedor

Benqueridas familias.

Este curso 2017/18 vai levar consigo varios cambios a nivel organizativo. Os dous máis importantes competen ás saídas autónomas e ao transporte escolar, pero tamén o comedor amosa cambios.

En base á Instrución Conxunta 9/2017, de saídas e transporte informamos que:

1.- Tan só o alumnado de 5º e 6º de Primaria poderá abandonar o centro de xeito autónomo (é dicir, só), ao rematar o horario escolar ou extraescolar. O resto do alumnado deberá ser recollido por un adulto autorizado, ou por un irmán ou irmá menor de idade de 5º ou 6º de primaria, de secundaria, bacharelato ou FP que estea autorizado.

2.- O alumnado transportado será recollido nas paradas asignadas por adultos autorizados ou polos menores autorizados mencionados no punto 1. Para isto deberedes entregar no centro un documento de autorización (adxuntamos modelo) co nome completo e número de DNI e de teléfono móbil de cada persoa autorizada, e o centro lle dará copia á empresa de transporte.  Ao rematar o periodo lectivo e no caso de non haber ninguén na parada, despois de agardar un tempo prudencial, o encargado do transporte chamará á familia, que poderá recoller ao alumno/a na seguinte parada ou nas dependencias da empresa de transporte, onde quedarán custodiados até o peche. É dicir, que xa non volverían ao centro se non se recollen na parada correcta.

Situacións de tardanza en calquera dos dous casos levarían a informar á Policía Local ou Garda Civil, que se faría cargo dos alumnos e, en caso de reiteración, poñeríase o asunto en mans do Servizo Provincial de Menores.

En canto ao comedor escolar e, até onde se nos informou mediante a Instrución 8/2017, as coidadoras do centro faranse cargo do alumnado NEE/NEAE que faga uso deste servizo.
Tamén con respecto ao comedor insistimos: a cesión do servicio é ao Concello de Santiago, e nós nin regulamos becas nin listaxes de admitidos... tan só cedemos o espazo e nos aseguramos de que o servizo cumpla os criterios normativos.

Inicio do curso 2017/18

A partires do 1 de Setembro o centro volve a abrir no horario de 10 a 14h.

 

Tede en conta que mañán haberá unha reunión de persoal para organizar o inicio de curso, polo que non estaremos moi dispoñibles para reunións, entrega de documentación, etcétera. 

 

Bo inicio de curso.

Libros de Texto 2017/18

Listado de Libros de Texto e Material 2017/18

 

Primaria

 

Intantil

Powered by Drupal - Design by artinet