Nesta ligazón tedes a corrección da Orde completa e outras formas para visualizar as imaxes do Calendario. Lembrade que o 30 de Maio é NON LECTIVO local.
O centro ten concedido o 31 de Maio (venres da Ascensión) coma NON LECTIVO.
Nesta ligazón tedes a corrección da Orde completa e outras formas para visualizar as imaxes do Calendario. Lembrade que o 30 de Maio é NON LECTIVO local.
O centro ten concedido o 31 de Maio (venres da Ascensión) coma NON LECTIVO.
Para facilitarvos coñecer os días non lectivos podedes engadir no voso Google Calendar a dirección sysopvite(arroba)gmail.com para estar coordinados e informados.
Publicamos ligazón ao Calendario Escolar 2017/18.
Nesta ligazón tedes outras formas de visualizalo e descargalo.
No claustro do pasado xoves 7 de setembro, ratificado polo Consello Escolar do 17 de Outubro, propúxose o VENRES 11 de MAIO (Ponte da Ascensión) como día non lectivo.
Nesta LIGAZÓN tedes acceso ao calendario escolar para o curso 2016/17
Actualización: Estes días recibimos confirmación da concesión do 26 de MAIO (ponte da Ascensión) coma día non lectivo.
Comeza o vindeiro 1 de Febreiro o periodo de Admisión de Alumnado, coa Reserva de Prazas en centros de adscrición.
Nesta LIGAZÓN tedes toda a información, pero imos a pararnos nalgúns dos puntos:
1.- Os que xa estades matriculados no cole, e queredes continuar viaxe con nós o curso que vén, non tedes que facer nada: todos e todas, de 4º de Infantil a 5º de Primaria tedes praza reservada con nós o vindeiro curso (artigo 9.1).
2.- Os que estades en 6º de Primaria si que debedes reservar praza no noso IES de adscrición (que segue sendo o Xelmírez II). O Xelmírez I comparte rúas con nós, pero non estamos adscritos a el.
Para as familias de 6º de Primaria: coma noutros anos comprometémonos a recoller as vosas reservas de praza e subilas en persoa ao instituto. Vós cumplimentade o documento que nós faremos o resto.
O prazo vai do 1 ao 15 de Febreiro.
O 30 de Xaneiro celébrase o Día Escolar da Non Violencia e da Paz.
Dende o grupo de Dinamización nos dan moitas ideas para traballar nas aulas, dende as que recomendamos estas dúas especialmente:
Se somos quen de educar no respecto e na tolerancia, crearemos futuros adultos que respecten e toleren.
Nesta LIGAZÓN tedes acceso ao calendario escolar deste curso.
Ademais, o Claustro elixiu o día 6 de Maio (é dicir, o venres que vai despois da Ascensión) coma o día NON lectivo dentro do noso calendario escolar.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |